Vieiros

46
[07/12/1999]

 

Por conto alleo

Doce fogar
Esta é unha proposta feita por Susana García a partir das palabras: "slip" e "schwarzanegger"

 


Relatos anteriores:
Divinos sinais [06/12/1999]

Terra Leve [03/12/1999]

Case en casa [02/12/1999]

Vida de princesa [01/12/1999]

O sabor dos cereais [30/11/1999]

Na estrada [29/11/1999]

Azul e vermello [26/11/1999]

Retratos do xeneral [25/11/1999]

Plumas [24/11/1999]


Ver todos
V
ivía coma un okupa, ía cambiando de corpo cada certo tempo, cando o uso dos brazos, o longo das pernas ou o tamaño do nariz se lle facía incómodo. Era un inquilino pouco agradecido, deixábaos tirados en calquera parte, como quen abandona un slip sobre o sofá pouco antes de ducharse. Reparaba nas xentes buscando acomodo, calculando o peso e a fortaleza porque sostiña que o corpo é o santuario do espírito. Seguía ós corpos pola rúa para apreciar cada un dos detalles. Por preferir, prefería os modelos schwarzanegger, pero a realidade non lle ofrecía pisos tan grandes. Reparaba nos xestos, nos andares, na vitalidade, e nunca escollía alguén que tivese os ollos cansos. Fuxía da enfermidade como algúns compradores fuxen das vivendas escuras, pero fuxía tamén da xuventude excesiva porque se sentía mellor en corpos asentados, camiño da madurez ou lonxe de cambios sorpresivos. Debe ser por eso que se fixou en min, porque me sobra normalidade e me faltan estridencias. E quizais por eso paso agora as madrugadas escribindo corpo por corpo as súas memorias. Agardando o destino de quedar deitado en calquera esquina do mundo.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader