Vieiros

23
[04/11/1999]

 

Por conto alleo

Punto de mira
Esta é unha proposta feita por Xepe de Castro Paparolo a partir das palabras: "repouso" e "francotirador"

 


Relatos anteriores:
Peixe do destino [03/11/1999]

Só te quero [02/11/1999]

Garda de corps [01/11/1999]

Xustamente [29/10/1999]

Fin de ciclo [28/10/1999]

Entrada en materia [27/10/1999]

Santo e seña [26/10/1999]

Pintura íntima [25/10/1999]

Balada da escaleira [22/10/1999]


Ver todos
A
trapado pola timidez, refuxiouse tralos cristais da fiestra para ir seguindo a vida dos peatóns que enchían as rúas. Tiña unha axenda con millóns de apuntes sobre horas, roupas, peiteados, empregos, tics e caracteres dos que pasaban. Recordaba algúns e esquecía outros, pero sempre había unha ficha nova que encher con datos sobre zapatos de tacón ou garabatas. Atrapado pola cantidade de datos que cada día anotaba con furiosa meticulosidade, percatouse da necesidade dun sistema científico e comezou a definir cada identidade asignándolle número e unha letra. Comezou a tomar confianza con X-25, que pasaba tódolos días camiño do pan; ou con Z-36 que recollía a B-3 e B-4 no colexio. Atrapado polo repouso obsesivo do desemprego repasou a inmensidade das fichas recollidas e pensou que había que facer sitio na casa. Reparou na purga do arquivo e no proceder para eliminar tanta humana materia. Atrapado polo exceso de datos, unha tarde comezou o seu labor escollendo ó azar un cartonciño con unha letra, un número, e algúns datos sobre costumes horarias. Apostouse no tellado como un francotirador e concedeulle medio día de gracia. Viu pasar a figura, primeiro cara arriba e logo cara abaixo. No terceiro paso do día, ergueu a arma, axustou a mira telescópica e disparou sen deterse a comprobar a puntería. Baixou correndo a coller máis fichas con máis letras, máis números e máis costumes. Atrapado pola policía, puxo a boca do fusil na gorxa e apertou o gatillo.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader