Vieiros

39
[26/11/1999]

 

Por conto alleo

Azul e vermello
Esta é unha proposta feita por José Yáñez a partir das palabras: "Papa" e "chourizo"

 


Relatos anteriores:
Retratos do xeneral [25/11/1999]

Plumas [24/11/1999]

O fillo do peixe [23/11/1999]

Principio da fin do mundo [22/11/1999]

Síndrome do colmo [19/11/1999]

Árbore, árbore [18/11/1999]

Estratexia do percebe [17/11/1999]

Caste de palleiro [16/11/1999]

Ambicións do horizonte [15/11/1999]


Ver todos
E
ra sempre a mesma operación: as tenacillas e a dúbida. Cal dos dous cables tiña que cortar, azul ou vermello. Dez anos facendo o mesmo traballo e aínda se deixaba levar pola inseguridade. Estaba todo en perfecto desorde: os libros no chan, os pratos machacados, os mobles arrombados. Só o televisor funcionaba. Enviaba a imaxe do vello papa tentando baixar a escada dun avión tan branco como a súa vestimenta. Azul ou vermello, que dilema. O papa había preferir que cortase no vermello, que para eso seguro que era moi católico. Pero que carallo sabería o anciano destas cousas. Xa chegara ó chan, estaba deitado bicando o asfalto do aeroporto. Que cousas fai esta xente, bicar o chan. Os cables persistían na dúbida. Azul ou vermello. O azul recordáballe unha chalé vello que mirara cando era neno. O vermello, ó pimentón do chourizo que lle botaran na fabada. Meteu a tenacilla para trabar, pero detívose ó recordar que non debía tomar decisións levado dos sentimentos. O papa camiñaba pola explanada. A xente saudábao a el ou el á xente, non se distinguía moi ben. Azul dos hospitais, vermello das bandeiras. Pero que di a ciencia: a intensidade do vermello, a melancolía do azul. O papa diante dunha banda de tres mil gaiteiros. Os cables erguidos. O chourizo repetindo. Meteu a ferramenta. O papa tropezara coas saias dunha gaiteira e tocaba chan en serio. Respirou dous segundos, apertou as tenacillas e todo volveu a quedar tranquilo vinte segundos despois da explosión.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader