Vieiros

38
[25/11/1999]

 

Por conto alleo

Retratos do xeneral
Esta é unha proposta feita por Helena Froiz a partir das palabras: "franco" e "vieiros"

 


Relatos anteriores:
Plumas [24/11/1999]

O fillo do peixe [23/11/1999]

Principio da fin do mundo [22/11/1999]

Síndrome do colmo [19/11/1999]

Árbore, árbore [18/11/1999]

Estratexia do percebe [17/11/1999]

Caste de palleiro [16/11/1999]

Ambicións do horizonte [15/11/1999]

Nada quedou de abril [12/11/1999]


Ver todos
O
bedel foi retirando tódolos retratos das aulas. Manexábaos con medo porque o levísimo sorriso do retratado, o uniforme de xeneral, a espada, e a barriga disimulada eran, aínda, unha metáfora da peor cara do terror. En canto recibiu a orde de descolgar as fotografías, esquecéuselle o ánimo que algunha vez tivera de se vingar, de dar matarile cando menos ós retratos. Comportouse como un cidadán responsable e fixo a transición das imaxes con calma e sen violencia. Colocou as estampas todas na entrada do colexio e os nenos foron pasando sen darlle a máis mínima importancia á iconografía do réxime. Chegou a señora da limpeza e dixo: quitarás eso de aí para que limpe. Non, vounos deixar estar corenta anos e afórroche o traballo que levabas antes de limpalos un por un. Veña, quítame eso de aí, que xa me tarda a hora de rematar con esto. Agora vaste moi lixeira, pero houbo un tempo no que, foras onde foras, tódolos vieiros levaban a Franco.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader