Vieiros

45
[06/12/1999]

 

Por conto alleo

Divinos sinais
Esta é unha proposta feita por Guemersindo Recarey Rondo a partir das palabras: "protozoo" e "deus"

 


Relatos anteriores:
Terra Leve [03/12/1999]

Case en casa [02/12/1999]

Vida de princesa [01/12/1999]

O sabor dos cereais [30/11/1999]

Na estrada [29/11/1999]

Azul e vermello [26/11/1999]

Retratos do xeneral [25/11/1999]

Plumas [24/11/1999]

O fillo do peixe [23/11/1999]


Ver todos
N
un libro case secreto, maldito e perseguido, o heterodoxo portugués Amado Pereira supuña que a forma física de deus era semellante á dun protozoo, é dicir, un ente dunha soa célula na que non se distinguiría o todo e a parte. O libro, secuestrado en varias épocas da historia dende a súa xa lonxana primeira tentativa de edición no século XVIII, argumentaba, baseándose en textos bíblicos, que esa relación obrigaba a un certo replantexamento da crenza no carácter absoluto da idea de deus. Pereira sostivo, mentres o deixaron, que a relación de unidade entre o todo e a nada parecía lóxica, do que deducía que se un protozoo era case nada, deus só podía ser case todo. Esta contradicción do principio totalitario do creador coincide coas perspectivas que, andando o tempo, identifican a deus cun anciano observando por unha fiestra ou, nunha interpretación máis fin de milenio, á que advirte que o magnífico só puxo en marcha o asunto e o resto é cousa do ADN. Resulta, por eso, difícil de entender o silencio que rodea a tan singular libro nesta fin de milenio, nin a insistencia de algunhas ordes relixiosas por perseguir tal tratado. Forma parte da lenda negra deste mínimo volume o violento mal fin que tiveron tódolos editores que multiplicaron a palabra do heterodoxo nas imprentas tal como xesús multiplicou peixes nunha voda. Debe ser por eso que me sube o medo pola gorxa mentres toco o libro e vexo o fulgor dos lóstregos sobre a cidade, mentres escoito os golpes furiosos na porta e sinto a man protozoica de deus axitando o aire.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader