Vieiros

26
[09/11/1999]

 

Por conto alleo

Fondo de armario
Esta é unha proposta feita por Laura Bugallo a partir das palabras: "transexual" e "solidariedade"

 


Relatos anteriores:
Cadea perpetua [08/11/1999]

Da semántica [05/11/1999]

Punto de mira [04/11/1999]

Peixe do destino [03/11/1999]

Só te quero [02/11/1999]

Garda de corps [01/11/1999]

Xustamente [29/10/1999]

Fin de ciclo [28/10/1999]

Entrada en materia [27/10/1999]


Ver todos
O
teléfono insistía. Saíu da ducha, botou unha toalla portuguesa sobre os cadrís e foi mollando as baldosas como nunha chuvia doméstica. Fale. É para un inquérito: estaría disposto a ser transexual?. A pregunta disparoulle o medo e a mala ostia: quen lle di a vostede que non o son xa. Colgou e sentiuse cazado pola azar do mundo ancho. Anos de disimulo quedaran pendurando no paréntese da chamada e veulle a imaxe magoante do coello acoellado polo furón. Anos erguendo mastros con paciencia e saliva deixaran agora unha néboa de desconfianza, un temor a resultar diana para tantos dedos acusadores como andan soltos pola hipocrisía das aceras. Á deriva pola casa, notou a chamada dos obxectos e a marcada clasificación do masculino e o feminino. Sentado no medio dun mundo que lle fuxía das mans, decidiu adiantalo ás carreiras. Volveu ó baño, sentouse na bañeira e comezou a esparexer a escuma de afeitar: primeiro na perna esquerda, logo na perna dereita: corpo de muller, brancos outeiros, muslos brancos. E o gume da folla deforestando a masculina condición extremidades arriba e aínda a tentación, ben reprimida, de operarse pola brava e acabar co calvario. Conformouse con afeitalo e buscar algunhas sedas. Baixou á rúa e o desprezo dos demais indicoulle que a primeira solidariedade que precisaba sentir era a del consigo mesmo.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader