Relatos anteriores:
Nada quedou de abril [12/11/1999]

A mellor prata da cidade [11/11/1999]

Temos un problema [10/11/1999]

Fondo de armario [09/11/1999]

Cadea perpetua [08/11/1999]

Da semántica [05/11/1999]

Punto de mira [04/11/1999]

Peixe do destino [03/11/1999]

Só te quero [02/11/1999]

Ver todos
|
 |
L |
 |
era en algures que o último raio que sol entrega no solpor tiña cor verde e aseguraba unha vida próspera e feliz. Miraba o ocaso, por tanto, con ambiciosa ollada tentando topar no último segundo de luz de cada día argumentos para cambiar de vida. Deuse ó sono diurno, ás lecturas nocturnas e na fronteira do lusco fusco deuse a asexar o horizonte. Queimaba os ollos tentando advertir cambios na luz que asomaba mortecina por riba de Sálvora e queimaba os ollos en todo canto libro se fixera eco da lenda e dos seus beneficios, ben atribuída a deuses, ben que fora cousa dos demos. Coa mesma ambición de tódalas tardes, subiu ó monte para ganar perspectiva e alí pillouno un trebón de verán que non ocultou por completo a cor marela do astro. Dubidou tres segundos sobre a validez da súa investigación en tales circunstancias, pero o sol xa afogaba no mar sen ter en conta a chuvia nin o vento. Apostouse na cima do mundo como tantos días: deitado na terra para apreciar o instante último do día. As tebras da noite viñan iluminadas polos raios da tormenta e pareceulle ver o horizonte como un océano verde de fantasía. Sorprendido na esperanza, ergueuse para ganar un momento máis de luz e viu chegar a deus da cabalo e con el ó lóstrego que lle fulminou o aire do peito.
Danos a túa opinión sobre este relato:
Opinións recibidas
|
|
|
|
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.
 Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader |