Vieiros

28
[11/11/1999]

 

Por conto alleo

A mellor prata da cidade
Esta é unha proposta feita por Carmen Fernández Fernández a partir das palabras: "mensaxe" e "pulseira"

 


Relatos anteriores:
Temos un problema [10/11/1999]

Fondo de armario [09/11/1999]

Cadea perpetua [08/11/1999]

Da semántica [05/11/1999]

Punto de mira [04/11/1999]

Peixe do destino [03/11/1999]

Só te quero [02/11/1999]

Garda de corps [01/11/1999]

Xustamente [29/10/1999]


Ver todos
T
odo se lle ía en saber como chegarlle. Indeciso por parte de pai, non sabía como chegar ata ela sen levantar sospeitas excesivas sobre o seu interese. Pasaba máis medo ca vergoña cada vez que os corredores do centro se enchían coa suave luz do seu cabelo. Pensou en enviarlle poemas anónimos, pero cando escribía lixeiras rimas consonantes rematadas en on, entráballe o prurito da autoría e puña ó nome en terminando a obra. O nome acusábao na intención e abandonaba a lírica. Terrible abandono ese porque o deixaba capado sen a súa arma principal da seducción. Timidamente a seguía co corazón nos ollos coa esperanza de que fosen certas algunhas teorías que escoitara sobre o poder da psique. Debían ser mentira. Andaba polas rúas á procura da sorte cando a viu alí. Refulxía como algúns ríos baixo o sol da tarde. Elegante e discreta. Decidiuse, entrou e preguntou. Rapazote, é a mellor prata que toparás na cidade e o gravado vai gratis. Comparou o tamaño do seu desexo co dos seus fondos e pediu que lla envolveran en papel de regalo. Meteu a pulseira e unha nota cun poema no anverso e no reverso unha mensaxe: por favor, fálame. Meteu o paquete en correos e esperou. Correos meteuno nunha cesta e da cesta pasouno a unha caixa. A caixa meteuna nun camión e o camión saíu da cidade e recorreu estradas de noite. Do camión saíu a caixa e da caixa saíu o paquete que quedou esquecido nunha cidade sen a calle que figuraba no principio da etiqueta.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader