Vieiros

36
[23/11/1999]

 

Por conto alleo

O fillo do peixe
Esta é unha proposta feita por Óscar Iglesias Araúxo a partir das palabras: "monarquía" e "insecticida"

 


Relatos anteriores:
Principio da fin do mundo [22/11/1999]

Síndrome do colmo [19/11/1999]

Árbore, árbore [18/11/1999]

Estratexia do percebe [17/11/1999]

Caste de palleiro [16/11/1999]

Ambicións do horizonte [15/11/1999]

Nada quedou de abril [12/11/1999]

A mellor prata da cidade [11/11/1999]

Temos un problema [10/11/1999]


Ver todos
D
emasiadas formigas. Marchaban todas en ringleira cruzando as habitacións do vello pazo, como unha invasión inevitable. A marea era como o regaliz, vermella e negra. Levaba na man o envase do insecticida e ía aplicándoo pola esquinas dos cuartos, dende o salón do trono cos veludos importandos de Venecia ata a sala de protocolo cos libros que alguén trouxera de Viena. Dende que a súa familia tiña uso de razón estaba ó servicio no pazo. El, que de neno fora curioso e de maior rebelde, escoitara sempre o mesmo argumento para vivir 15 centímetros por debaixo da altura do sillón real: o fillo do peixe sabe nadar. Seguíu a recua dos insectos para coñecer a súa orixe, pero por máis que percorría pasillos con retratos de antergos representantes da familia, non daba co ela. Camiñou polas habitacións apreciando a traizón dos tempos en cada unha das estancias: o amarelo dos espellos esmerilados, o mofo das cortinas coas fiestras abertas ó sur, os niños das cotovías nas torres. Todo formaba parte dunha marea que asolagaba o vello solar da monarquía. En algunhas partes do percorrido, as formigas confundíanse coa cor das alfombras, como se a xenética fose capaz da camuflaxe histórica. En chegando preto do salón das cerimonias, topouse co séquito e co seu desgastado monarca á cabeza. Nada máis miralo tan canso (demasiadas mulatas demasiado complacientes) padeceu a incerteza de non saber se darlle outro destino ó insecticida.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader