Vieiros

33
[18/11/1999]

 

Por conto alleo

Árbore, árbore
Esta é unha proposta feita por Anna Miralpeix Vissi a partir das palabras: "ollos" e "nadal"

 


Relatos anteriores:
Estratexia do percebe [17/11/1999]

Caste de palleiro [16/11/1999]

Ambicións do horizonte [15/11/1999]

Nada quedou de abril [12/11/1999]

A mellor prata da cidade [11/11/1999]

Temos un problema [10/11/1999]

Fondo de armario [09/11/1999]

Cadea perpetua [08/11/1999]

Da semántica [05/11/1999]


Ver todos
O
s peixes beben no río, a xente nos bares e os grandes almacéns nos bolsillos. Chegado decembro todo se volvía na casa facer viaxes ás galerías do centro: encher o automóbil de paquetes coas súas cintas de colores e voltar para casa sen poder utilizar o espello retrovisor. Os rótulos avisaban de que o tempo era para disfrutar, ar. Podías cantar e ser feliz (happy xmas, John; happy xmas, Yoko), comprar e ser feliz, ou ser feliz simplemente. Pero estaba moi mal visto ser infeliz. Desentoaba entre as luces de cores, as tarxetas, os turróns e os camelos todos. Motivos para a diversión: nada de nadal ou nadal de nada. O problema fundamental da familia era escoller unha árbore que acollese tantos regalos como circulaban polos pasillos neses días. O pai negaba un exemplar pequeno porque restaba empaque á familia. A nai rexeitaba unha árbore moi grande porque un seu tío aproveitara as festas e que había corda na casa para permanecer pendurado do pescozo o tempo suficiente pra morrer. Para a decoración había outras cancións. Demasiadas follas. Cada ano rifas na casa sobre quen debería ser o responsable dos adubíos ata que o pai fixo turnos. Tocoulle ó menor dos irmaos. Dous días fozando pola casa e unha colcha tapando a árbore. Na noiteboa pediu atención. Retirou o pano, prendeu a luz e a árbore apareceu preñada cos ollos abertos de trinta monecas cegas para dirixirse ó portal.

Danos a túa opinión sobre este relato:


Opinións recibidas
Camilo Franco é xornalista e escritor. Se queres sabelo todo del, velaquí podes ler a súa biografía non autorizada a xeito de entrevista. Por Pancho Tristán, outro xornalista.


Libro Camilo Franco
Premendo no botón poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader