XACOBEO


Alégrese o pobo fiel,
cante o coro celestial,
a gloria dos apóstolos
eterna celebren xa.

Coro do que Santiago
refulxe como o primeiro,
pois pola espada de Herodes
o primeiro subiu ó Ceo.

Santiago o de Zebedeo,
o que Maior é chamado,
que milagres a millares
en Galicia leva a cabo.

Ó seu espléndido templo
vindo as xentes todas
de todas partes do mundo
a gloria de Deus pregoan.

Armenios, gregos, pulleses,
anglos, galos, dacios, frisios,
nacións, linguas e tribus
acoden con donativos.

Do Pai e do Fillo o celo
e do Espíritu Santo,
bañe nosos corazóns
con auxilio de Santiago. Amén.



Himno de Santiago composto por don Fulberto,
bispo de Chartres (975-1028), Libro I, Códice Calixtino.

 


Xunta de Galicia

Pelegrin

Xacobeo


Visita ás páxinas do Xacobeo:
Xacobeo99


Nadal na Terra