Hai máis de douscentos anos comenzou a traballar en Sargadelos un complexo industrial deseñado na súa totalidade coma unha moderna empresa que representou pra Galiza unha nova relación de producción, aproveitando e engadindo valor a os recursos naturais da mesma comarca.

      O seu criador, Antonio Raymundo Ibáñez, un ilustrado galaico-asturiano, ao que o povo e os primeiros historiadores fixeron Marqués de Sargadelos, concebiu no derradeiro tercio do século XVIII unha siderurxia integral, que se adicou fundamentalmente á producción de material bélico. Como epígono, nos primeiros anos do século XIX creou unha fábrica de cerámica que introduxo na España, entre outras innovacións, o decorado mecánico.

      En 1809, Ibáñez foi arrastrado polas rúas de Ribadeo nun dos pasaxes máis dramáticos e escuros da nosa historia, mais as súas fábricas, con diversas vicisitudes, continuaron traballando deica o 1875.

      Pasado un século, un proxecto recuperador da memoria histórica de Galiza, o Laboratorio de Formas, concebido por transterrados galegos na América do sur, restaura a producción de cerámica en Sargadelos, crea o Museo Carlos Maside, Gráficas e Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información, e axuda á recuperación do Seminario de Estudos Galego, no que, entre outras áreas, intégrase o Laboratorio Xeolóxico de Laxe da Fundación Parga Pondal.

      O Laboratorio de Formas crea, asimesmo, o Seminario de Sargadelos, no que se centraliza o labor de investigación, estruturándose nun departamento de estudos técnicos e noutro de comunicación, no que se desenvolven tecnoloxía e deseño.

      Os complexos do Castro de Samoedo (Sada) e Sargadelos (Cervo) non responden a un deseño preconcebido dunha soa vez. Nasceron sen un orden de realización, posibilitados por esforzos e recursos, mais ben patrióticos, chegados de xeito irregular con dificultades e incomprensiós de todo tipo.

      Emporiso as suas partes fican vencelladas por unha arela común: traballar a prol do pais, estudando, producindo e divulgando.

      Asi, as cerámicas de Sargadelos caracterízanse por estar feitas de unha materia prima de calidade, con deseños que combinan tradición e modernidade. Estilos que usan chamas, espirais e trenzados de inspiración tradicional, pezas estilizadas fieis ás modernas influencias, forma e cor en harmonía.


Galerías Sargadelos
27891 CERVO (Lugo)
Tel.: 982 - 55 78 41
Fax: 982 - 55 78 04
O CASTRO DE SAMOEDO
15168 Sada (A Coruña)
Tels.: 981 - 62 09 37 / 62 02 00
Fax: 981 - 62 38 04
Rúa Nova, 16
15705 SANTIAGO DE COMPOSTELA
Tels.: 981 - 58 19 05 / 58 18 88
Fax: 981 - 58 18 88
Provenza, 274
08008 BARCELONA
Tel.: 93 - 215 01 79
Fax: 93 - 215 01 79
Zurbano,46
28010 MADRID
Tel.: 91 - 310 48 30
Fax: 91 - 310 48 30
Habana, 20
32003 OURENSE
Tel.: 988 - 37 09 26
Fax: 988 - 37 09 28
Dolores, 55
15402 FERROL
Tel.: 981 - 35 37 14
Fax: 981 - 35 37 16
Pza. Sto. Domingo
27001 LUGO
Tel.: 982 - 22 78 04
Fax: 982 - 24 49 13
Dr. Cadaval, 24
36202 VIGO
Tel.: 986 - 22 00 50
Fax: 986 - 22 04 74
Albareda, 17
41001 SEVILLA
Tel.: 95 - 421 67 08
Fax: 95 - 421 67 08
Vía A. Volta, 20
MILANO, 20121
Tel.: 02.657 58 99
Fax: 02.657 58 99
 


Nadal na Terra