Dixo D. Vicente Risco, hai xa moitos anos, que este país era un país de músicos e asegurámosvos que esta idea non nace do feito de ser el ourensán. Quen acorde da súa nenez saberá que a música enchía dende as primeiras horas do día rúas e campos, mar e vales, etc... Os cantos de Nadal non son máis que unha mostra desa afección particular que os galegos temos pola música. E aquí, neste Especial Nadal na Terra ofrecémosvos dez composicións de dous grandes autores galegos, Suso Vaamonde e Xoán Rubia, que cantan a partir de letras populares ou de autores como Celso Emilio, este tempo tan especial.
Para poder escoitar estas panxoliñas é necesario que instales no teu navegador o plug-in de Schockwave.
Recoméndase tamén utilizar un modem de 28800 bps |