Vieiros BO NADAL
 O CONTO DO NADAL

 O BELÉN

 PANXOLIÑAS

 e-POSTAIS
RECEITAS

O ideal sería comer ben, con fartura, variedade e calidade todo o ano, pero hai quen ten pouco xeito para cociñar, pouco tempo ou poucos cartos. E así andamos, reservando a boa mesa para datas concretas e especiais, coma o Nadal.

Nos tempos de antes, racionábase a matanza para que rendese ata decembro, así que a carne de porco protagonizaba o banquete. E se había un galo repoludo no galiñeiro, remataba nunha graxenta sopa que lle facía competencia ao marrao e, ademais, daba un toque de distinción.

Agora semella que seduce máis unha lura solitaria cunha pamela de leituga nos tentáculos ca un caldo de ave doméstica. Queremos deseño nos pratos, preocúpanos a figura ou o colesterol e estamos acostumados a ver nos mercados alimentos de calquera parte do mundo. O menú festivo tradicional esixe unha revisión. Pero non con miras de substituílo (onde se poña un bacallao...) senón de amplialo e diversificalo. Este ano ofrecémosvos entre as nosas propostas para as ceas das festas pratos galegos, vexetarianos e xaponeses. Que aproveite, con pan e leite.

Receita ofrecida polo restaurante Doña Antonia
Menú ofrecido polo restaurante vexetariano Galgala
Menús xaponeses de Aninovo, propostos polo restaurante Sakura
Torta de Nadal do Salnés



Máis receitas:
- Outras receitas de Nadal (Nadal 97)
- Suxerencias de Paco Feixoo (Nadal 98)
- As receitas de Toñi Vicente (Nadal 99)


«« Vieiros | « Especial Nadal
Por se che faltan ideas
Libros, discos, moda, viaxes...
Un euro= 4 reas
O ano novo traénos de agasallo unha moeda galega.