Vieiros BO NADAL
 O CONTO DO NADAL

 O BELÉN

 PANXOLIÑAS

 e-POSTAIS
¿UN EURO= 4 REÁS?

Ao final xa está aquí. O euro entre nós. Durante un par de meses aínda lle veremos as orellas á peseta pero logo teremos entre nós só billetes novos e moedas cuñadas en Grecia, Suecia ou Holanda.

¿É máis galego o euro cá peseta? Quizais. Chega unha moeda coa que poderemos entendernos sen intermediarios con irlandeses e portugueses (dende que caeron en desuso as pezas de ouro, nunca fora tan sinxelo comerciar cos pobos da veciñanza). Indo ao aspecto máis gráfico, por fin tamén esqueceremos ese rostro esmacelado de Manuel de Falla ou a visión triste de Rosalía, por fin marchará das nosas faldriqueiras esa lista terrible de conquistadores de América.

Ademais, co euro regresa a moeda fraccionaria: o patacón, o real, a cadela. As nosas moedas tiñan nomes propios, e agora é tempo de retomar o seu uso. Neste ano novo velaquí vai este pequeno guieiro para acoller cos brazos abertos o euro galego.

O euro
As moedas galegas
Os novos patacóns



«« Vieiros | « Especial Nadal
Por se che faltan ideas
Libros, discos, moda, viaxes...
Receitas
Tres menús para os días grandes.