Vieiros BO NADAL
 O CONTO DO NADAL

 PANXOLIÑAS

 e-POSTAIS
O BELÉN

O primeiro belén pintouse nunhas catacumbas. Os cristiáns do século II querían lembrar cómo fora a escea do parto de María, nun alboio de pastores da aldea de Belén, sete quilómetros ao sur de Xerusalén. Dende entón ata agora moito ten evoluído esta afección a contruír figuriñas de pastores, bois e reis magos. Ata o século XVII os beléns facíanse con figuras de gran formato e representaban fundamentalmente a escena do nacemento (aínda que algún podían tamén incluír a adoración dos Reis ou o anuncio aos pastores).

Belen
Pero a partir do barroco as técnicas abarataron e levaron os beléns polas casas. As familias instalaban os nacementos como símbolo de distinción. Nacían as figuriñas de pequeno formato, experimentábase co papel, e engadíanse escenas e personaxes. Xa daquela nacían dúas correntes básicas que se manteñen hoxe: a orientalista, que aclimata as escenas ao deserto palestino; e a autóctona, que os presenta con becerros de rubia, vendedores de xoubas e muíños de fariña milla. Iso é o que se pode ver agora tamén en internet: beléns feitos de recortables para imprimir e montar na casa, beléns plenamente virtuais.

Aquí vos presentamos unha axenda dalgúns dos mellores beléns de Galicia, para que organicedes as vosas visitas.


Ourense
O Belén de Baltar. Un dos máis grandes e espectaculares, con figuras galegas.
Igrexa de San Cosme, na zona vella.
Aberto a partir do 19 de decembro. Os laborais, de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00. Os festivos, de 17:00 a 21:00.

Begonte (Terra Chá)
Belén eléctrico e móbil, realizado na súa maior parte por José Rodríguez Varela.
Centro Cultural Domínguez Guizán.
Ábrese a partir do día 15 de decembro, cun pregón. Os laborais, de 15:00 a 19:30 e os disantos de 11:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00. Máis información para grupos no teléfono 982 396121

Ferrol
Belén animado, con xogos de luces e auga, da autoría do afeccionado Alfredo Martín.
Na Igrexa da Orde Terceira (Rúa San Francisco).
Pode visitarse en horario de 17:00 a 21:00 nos días laborais. Os festivos as sesións transcorrerán entre as 12:00 e as 14:00 pola mañá, e entre as 16:00 e as 21:00 polas tardes.

A Coruña
Belén do colexio da Grande Obra de Atocha.
Ábrese o día 25 de decembro na súa nova ubicación da rúa Baltasar Pardal Vidal, 1.
Pódese visitar de 17:00 a 19:00 horas.
Tamén se pode visitar o belén municipal, instalado na Casa do Concello (Praza de María Pita).

Vigo
Belén de Caixanova.
Oficinas centrais de Caixanova, na rúa García Barbón, 1.
Outros beléns na cidade olívica: o das Monxas dos Anciáns, en Alcabre; o do Colexio de discapacitados San Rafael, na rúa Tomás Alonso; e o municipal, no Parque de Bombeiros.



«« Vieiros | « Especial Nadal
Por se che faltan ideas
Libros, discos, moda, viaxes...
Receitas
Tres menús para os días grandes.
Un euro= 4 reas
O ano novo traénos de agasallo unha moeda galega.