O URL das ascuas.

 

As ascuas do cepo de nadal tiña propiedades máxicas. Por iso non se guindaban como se fai decote coa borralla, senón que os carbóns grandes eran ben gardadiños nun recuncho por se fixeren falta de outra hora no futuro.

Pero para facermos ascuas precisamos primeiro un bo cepo. Con raíces de cerne para non se consumir de contado. E fai falta avivar no lume. Mentres haxa xente, haberá quen lle dea unha volta para que non morra. E facer así tizóns para brincaren con eles os cativos e cativas facendo redondeis de luz na escuridade. E como diría don Ramón Otero Pedraio, irmos arredando os carbóns feiticeiros para os días dos lóstregos...

 

Volver a Vieiros