Manuel Torres Martínez

Marín 1901 - 1995
Estudia maxisterio e mentras xa debuxa e pinta.Colabora debuxando en: Faro de Vigo, Galicia, Vida Gallega, Céltiga (B. Aires), El Sol (Madrid), La Libertad (Madrid), El Pueblo Gallego, Cristal, A Nosa Terra, SPES, Finisterre, Sonata gallega, Ría, Galicia emigrante, Diario de Pontevedra, La Región, La Voz de Galicia... Fixo numerosas mostras por toda Galicia e tamén en Madrid e Buenos Aires.
Pinta, esculpe, grava, ilustra, escribe... Usando o seu nome ou pseudónimos como: Banda del Río, Mieles Toubes, Xan da Ría, Juan del Puerto, Juan de la Fuente.
O Museo do Humor ten dous orixinais que o propio Torres doou na súa inauguración. No ano 1985 o Museo concedeu a Torres o seu máximo galardón a Curuxa de Honra.

­ Bule vostede máis coa pruma que eu co arado.
Retroceso Museo
Museo do Humor
Avance