 |
Carlos Maside García Cesures 1897 - Santiago 1958
Logo de traballar nunha axencia publicitaria madrileña, comezou a publicar na revista Vida Gallega no 1918. Pasou logo a Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, Nueva España (Madrid), El
Sol (Madrid), Política, Libertad, La Voz, Yunque, Galicia emigrante.
Fixo ilustracións e artigos sobre temas artísticos e levou a dirección artística de Galaxianos últimos anos da súa vida. Expuxo en Galicia, Buenos Aires, San Francisco, S. Diego, Los Ángeles, Madrid, Barcelona...
Maside é outro dos autores capitais do noso humor, a preocupación que ten polas formas galegas fai que a súa aportación sexa definitiva para que os novos autores teñan onde basearse. |