Xosé María Cao Luaces

Cervo 1862 - Buenos Aires 1918
Despois de traballar en varias fábricas de cerámica e nunha de vidro marchou no 1887 a Buenos Aires. Alí comezou a facer caricaturas na rúa ata que pasou a debuxar en El sudamericano, ó pouco pasa a colaborar no semanario Don Quijote, no que chega a ser director. Nesta publicación e xunto a Eduardo Sojo (Demócrito I), fustiga ós gobernantes arxentinos, o que o leva en moitas ocasións á cadea e ó peche da revista.
Colaborou tamén en: El cascabel, La Bomba, Caras e Caretas (da que foi director) Guignol, Fray Mocho, Crítica.

Puericultura.

Retroceso Museo
Museo do Humor
Avance