|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() Premendo na portada poderás descargar e visualizar o libro en PDF. É preciso ter instalado o Acrobat Reader. ¿Quen é Fran Alonso? Averíguao aquí. Reseña de Males de cabeza por Ramón Nicolás ![]() |
![]() |
Males de
cabeza de Fran Alonso Males de cabeza máis que un libro é unha arañeira, unha arañeira de seda ácida que se vai tecendo con extremado coidado narrativo arredor dun dos temas que máis paixón e inquedanza teñen despertado ao longo do milenio: a tolemia. En Males de cabeza, Fran Alonso deita unha ollada sobre a condición humana na que o autor nos descubre, ás veces con tenrura, ás veces con dureza, unha escrita persoal, caracterizada pola axilidade narrativa e a orixinalidade da súa estructura. Da man de diversos personaxes nos que, nalgunha medida, a sociedade finisecular está representada, Fran Alonso ofrécenos unha visión propia e moderna da tolemia, desa tolemia próxima e contemporánea que a todos nos roza. E faino espindo as tensións e contradiccións cotiás do noso tempo e da nosa sociedade e abrindo un coloquio coa tradición literaria e cinematográfica que recrea a tolemia. Desde as discusións de parella ata as tensións provocadas polo tráfico, desde o problema das adolescentes anoréxicas ata os ciumes, desde as dependencias das drogas ou do alcohol ata a hipocondría, desde a angustia que xenera soidade ata as discusións de fútbol, desde a paranoia á esquizofrenia extrema, o vento que sopra desde as entrañas da cultura urbana contemporánea arrástranos, hoxe, entre as follas invisibles dunha neurose colectiva. Males de cabeza, cos seus xogos narrativos e ese nervio vitalista que quere ser unha trampa para quen le, configúrase como un espello que compendia a obra literaria de Fran Alonso. Males de cabeza está á libre disposición dos internautas de Vieiros ata finais do próximo mes de xaneiro do 2001. A partir de febreiro será editado en papel na colección Narrativa de Edicións Xerais de Galicia. Fran Alonso | Reseña de Ramón Nicolás | Vieiros |