 |
- aixo a bóveda do ceo sentimos o desafío
- a calor dos continentes que se baten pola vida
- Ningunha fronteira é tan febril
- tan gris
- que non saiba recoñecer a silueta
- dos que camiñan repartindo abrazos
- sen roupa xa
- mentres só nace a primavera entre os seus dedos
- Eu digo que hai mananciais
- que aínda que sequen sempre dan auga
- máis azul ou máis violenta
- pero sempre dan auga
- Por iso os que nos sigan,
- os que veñan detrás con medo ou sede,
- han de encontrar na herba este mapa
- e han de asolagar con nubes baixas o mesmo frío
- Serán vixías da maxia que resulte
- nese instante
- cando vexan nos pétalos do día
- impregnados de pole
- o rastro da nosa pegada
- en forma de bandeira
|