![]() |
![]() Entre elas, das máis desacougantes, son as que ten a lingua; e non pensedes que vou facer aquí unha defensa da importancia da lingua para a existencia dunha cultura ou mesmo dun país, nin moito menos unha lista das eivas que sofre o noso idioma, para iso xa hai expertos; só pretendo dicir que os humoristas gráficos non son alleos a estes problemas e trátanos con toda a asuidade que poden. Tampouco vou gabar a profesión, por aquilo de que a profesión vai por dentro, ou, o que é o mesmo, por que eu resultaría ensalzado; somente quro deixar claro que cumprimos co noso deber, aproveitando uns inverosímiles recantos, e os afortunados participando do poder mediático, que non debe ser tanto poder cando nos deixan participar. Pero podo manifestar coa boca chea que a totalidade dos que exercen o humor gráfico -as excepcións non son salientables- non só usan a cotío a lingua galega, senón que a defenden en tódolos casos. Por iso a ASOCIACIÓN DE AMIGOS DO MUSEO DO HUMOR, sempre co ollo aberto, propuxo á Dirección Xeral de Política Lingüística a elaboración deste libro, e, unha vez aprobado puxémonos mans á obra, convocando 40 debuxantes que exercen a cotío ou como francotiradores, pero que pensamos que, en tódolos casos, teñen calidade abondo para figuraren nesta recolleita. Este número de profesionais pode dar unha idea ós alleos da importancia que aquí lle damos ó humor, e da que lle damos os humoristas á lingua. Responderon á nosa convocatoria 21, o que é un barómetro da facilidade de descarte que impera na profesión. Con todo, este traballo pode te-la chata das présas que o tempo das vacacións impuxo, polo que haberá xente que non deu feito a súa colaboración a tempo, ou que nin sequera recibiu a convocatoria, ademais doutros fallos que atopedes. Por todo isto temos que pedir perdón, que de antemán sabemos que temos concedido, se non non nos arriscaríamos a pedilo; porque tamén, logo do entusiasmo que puxemos, só faltaría... Co recollido fixemos este libro, que espero que non só vos guste, senón que sexa un instrumento válido para a visión dos humoristas facer máis clara a dos miopes ou máis firme a dos que a teñen clara. Aproveito, no remate, para, en nome da ASOCIACIÓN, agradecer ós que tiveron a idea, ós que lle deron xeito, ós que a subvencionaron, e no meu nome ós que chegaron ó final deste limiar, que xa está resultando moi longo para un libro de humor "gráfico". Xaquín Marín |
![]() CÁTALOGO: Alberto Urcaray Alberto Varela Ferreiro Alfredo López Fernández (Tokio) Antonio Sabín Anca (Tonosavski) Calros Silvar Carlos Sardiña Gogue Hermo Juan José Veiga Mª José Mosquera (Sex) Ignacio Hortas Rodríguez (Nachortas) Nito Varela Paz López Losada Pinto&Chinto (Carlos López e David Pintor) Siro López Lorenzo Suso Sanmartín Xuncal Víctor Manuel Galdón Villar Víctor Tizón Xaquín Marín Xosé Lois González (O Carrabouxo) Xosé Mª Pérez (Forxán) |
Estas páxinas contan co patrocinio de:![]() Portada | Historia do Día das Letras | As Letras do 98 | Codax, Meendinho e Cangas | Mil primaveras máis | Que farías ti? |