1963: Rosalía de Castro (1837-1885)
Coa súa obra, poética, intimista e comprometida, ten aberto
para a lingua galega un periodo de esplendor.
1964: Afonso Daniel Rodríguez Castelao
(1886-1950)
Escritor, debuxante, político, médico, e incluso actor afeccionado,
demostrou coa súa traxectoria vital un compromiso de solidariedade
e amor por Galicia.
1965: Eduardo Pondal (1835-1917)
O bardo bergantiñán abriu novos camiños coa súa
temática celta e intención cívica para a redención
total do pobo galego.
1966: Francisco Añón (1812-1878)
Poeta do prerexurdimento , participante nun volume esencial na historia
da literatura clásica "El álbum de la Caridad".
1967: Manuel Curros Enriquez (1851-1908)
Verdadeiro poeta civil de Galicia, soubo recoller nos seus traballos a sensibilidade
e os desexos do pobo para quen escribía.
1968: Florentino López Cuevillas (1886-1958)
Investigador e literato da Xeración Nós, deixou espalladas
por distintas publicacións verdadeiros módelos de bo escritor.
1969: Antonio Noriega Varela (1869-1947)
Con Montañesas e Do ermo, foi quen de buscar e espallar
a beleza e a sensibilidade das cousas máis pequenas, da natureza.
1970: Marcial Valladares Núñez
(1821-1903)
Autor da primeira novela galega impresa en Galicia, Maxina ou a filla
espúrea.
1971: Gonzalo López Abente (1878-1963)
O intimismo e a sinxeleza son as características principais do autor
de Cintileos nas ondas, poeta e narrador.
1972: Valentín Lamas Carvajal (1849-1906)
Espiñas, follas e froles é
o nome do seu principal libro. O autor ten ademais a importancia de ser
o editor do diario O tío Marcos da Portela, primeira publicación
periódica escrita integramente en galego.
1973: Manuel Lago González (1865-1925)
Poeta formalista e versificador nato, membro da Real Academia Galega, puña
freo á súa inspiración coa rixidez e norma que lle
influíron os seus estudios eclesiásticos e da literatura de
carácter relixiosa.
1974: Xoan Vicente Viqueira (1886-1924)
Inspirador das Irmandades da Fala, destaca sobre todo polo seu labor como
pensador e activo defensor de reformas encamiñadas á innovación
e galeguización do sistema educativo.
1975: Xoan Manuel Pintos (1811-1876)
Precursor do Rexurdimento, A Gaita Gallega convérteo en pioneiro
do uso do galego en moitas formas poéticas e mestre induscutible
das importantes figuras do noso renacemento literario.
1976: Ramón Cabanillas (1876-1959)
Poeta, autor teatral, traductor e narrador, consíderase o Poeta da
Raza pola súa variedade de rexistros temáticos -amoroso, relixioso,
épico, etc...- e estilísticos.
1977: Antón Vilar Ponte (1881-1936)
Principal prosista da xeración das Irmandades e artífice da
renovación ideolóxica no pensamento nacionalista destaca polos
seus traballos xornalísticos e ensaísticos.
1978: Antón López Ferreiro (1837-1910)
É sen dúbida un dos grandes escritores e pensadores da Galicia
do fin de século, continuador tardío da novela romántica.
A súa principal aportación é A tecedeira de Bonaval.
1979: Manuel Antonio (1900-1930)
Principal poeta das vangardas galegas que soubo atopar un lugar, con De
catro a Catro, entre a liña ruralista dos seus antecesores e
a europeísta da Xeración Nós coa introducción
do espírito renovador dos ismos europeos e hispanoamericanos.
1980: Afonso X O Sabio (1221-1284)
Nel quíxose facer mención a tódolos autores da súa
corte que formaron a máis importante colección de poesía
medieval galego-portuguesa de temática relixiosa, As Cantigas
de Santa María.
1981: Vicente Risco (1884-1963)
Membro do Grupo Nós, destaca pola súa personalidade individualista
e conflictiva, aspectos que se reflicten en moitas das súas obras,
O porco de pé e Do caso que lle aconteceu ó Doutor
Alveiros, e nas que se mostra un amor enorme por Galicia. |
1982: Amado Carballo (1901-1927)
Proel
e Obra en prosa e verso, recopilada por Xosé María
Alvárez Blázquez, son as únicas obras deste autor que,
con Manuel Antonio, elevou a literatura galega a cotas universais.
1983: Manuel Leiras Pulpeiro (1854-1912)
Compañeiro de Curros e Lamas Carvajal na literatua finisecular, os
seus traballos poéticos están espallados por unha chea de
publicacións que recollen a súa sensibilidade e entrega ós
máis desfavorecidos.
1984: Armando Cotarelo Valledor (1879-1950)
Presidente do Seminario de Estudos Galegos, é sen dúbida o
primeiro dos autores teatrais importantes de Galicia, tal e como demostran
as súa obras Trebón, Beiramar e Mourenza.
1985: Antón Lousada Diéguez (1884-1929)
Membro fundamental da Xeración Nós sen el é imposible
entender o camiño do nacionalismo político e cultural. Prosista
con influencias na tradición popular e poeta ocasional as súas
obras foron recollidas por Xusto González Beramendi.
1986: Aquilino Iglesia Alvariño (1909-1961) Señardá, Corazón ao vento e Cómaros Verdes
son as tres principais obras poéticas de quen soubo recoller as máis
diferentes influencias da literatura do seu tempo (Antero de Quental, hilozoismo,
etc...), facendo unha poesía nova e ricaz.
1987: Francisco Herrera Garrido (1869-1950)
Néveda, novela de forte inspiración posromántica, fai
da súa autora unha das máis importantes figuras femininas
da liteatura galega, considerandóselle coma discípula de Rosalía.
1988: Ramón Otero Pedrayo (1888-1976)
Pouco se pode dicir en tres liñas de quen foi o grande mestre da
Xeración Nós e renovou e ampliou os lindes da literatura galega
moderna.
1989: Celso Emilio Ferreiro (1912-1979)
Nunca un libro, Longa Noite de Pedra, serviu tan marabillosamente
para reflectir unha sociedade en loita pola súa liberdade e dar a
coñecer a un poeta, que con toda a súa producción poética
e prosística, é o poeta cívico e moral, por excelncia,
dos tempos modernos.
1990: Luis Pimentel (1885-1985)
Poeta lugués que reflicte un tempo de inquedanzas e desexos de paz
en libros coma Triscos e Sombra do Aire na herba, publicado
postumamente.
1991: Álvaro Cunqueiro (1911-1981)
Poeta, narrador, autor teatral, pensador e ensaísta que deu ós
novos autores, un mundo cheo de suxerencias e camiños para descobrir
e que fose posible o seu desexo de que a lingua galega tivera mil primaveras
máis.
1992: Fermín Bouza Brey (1901-1973)
Con Nao senlleira abre unha das máis importantes liñas poéticas
da nosa litetura, o neotrobadorismo, que serviu para achegármonos
ó fascinante mundo da literatura medieval galego-portuguesa.
1993: Eduardo Blanco Amor (1879-1979)
Considérase coma un dos grandes novelistas da literatura galega con
obras coma Xente ao lonxe, A esmorga, Os biosbardos
, etc...
1994: Luís Seoane (1910-1979)
Con este autor represéntase o labor dos galegos no exilio. Figura
polifacética e complexa, Seoane é poeta e prosista ocasional
que non pode desbotar as cargas do seu compromiso político e social
en defensa da liberdade.
1995: Rafael Dieste (1899-1981)
Pertence á chamada Xeración do 22. Cos seus contos e pezas
de teatro, entre as que destacan A fiestra Valdeira e Dos arquivos
do Trasno, tentou de modernizar o sistema literario galego, afastándoo
do ruralismo.
1996: Xesús Ferro Couselo
Aínda que ten publicado algún artigo sobre o galego e a súa
historia, Ferro Couselo foi un historiador e divulgador do pasado de Galicia,
e en concreto, de Ourense e a súa provincia.
1997: Anxel Fole Sánchez (Lugo, 1903-1986)
Este autor, fundamentalmente escritor de relatos, foi un grande retratista da
Galicia de posguerra e soubo incorporar á súa paisaxe
narrativa toda a esencia da nosa tradición cultura.
Probablemente a súa obra máis coñecida é
"Á lus do candil " de 1953.
|