As letras do 98

Actos programados para a celebración do Día das Letras


Actividades en Galicia: Ferrol | Ares | Pontedeume | Santiago de Compostela | Cangas do Morrazo | Bergantiños | Carballo | Illa de San Simón | Pontevedra
Actividades no exterior: Madrid | Barcelona | Montevideo | Gotemburgo | Xenebra | Heidelberg | Lisboa | Birmingham | Buenos Aires


Actividades en Galicia

FERROL
Día 16 ás 11h, no Auditorio do Vicerrectorado da Universidade.
O Concello e a Universidade organizan un concerto en homenaxe a Xosé Fontenla Leal a cargo da agrupación "Toxos e Froles". Ás 12,30h a catedrática de lingüísticarománica da Universidade de santiago de Compostela, Mercedes brea, dará unha conferencia sobre a lírica medieval profana.
ARES
O Concello organiza un concurso de debuxo para o alumnado de ensino infantil e primario e de redacción para os rapaces e rapazas da ESO. Recepción de traballos ata o 30 de maio.
PONTEDEUME
Día 15, ás 20h, no salón de actos de Caixa Galicia Conferencia "Os poetas do mar e do amor" organizada polo Servicio de Normalización Lingüística do Concello e a Biblioteca Municipal.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
Día 16 ás 12 h na Alameda.
Manifestación a favor da lingua organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG, dentro da campaña "En galego, Galiza ten futuro"
CANGAS DO MORRAZO
III Xornadas de Literatura "Os xograres da ría: Martín Codax, Meendinho e Xohan de Cangas", organizadas polo Departamento de Lingua da Instituto de Ensino Secundario María Soliña, en colaboración co Concello de Cangas
Na Casa da Cultura de Cangas:
Martes, día 12, ás 8 da tarde: Conferencia: Galicia e Cangas na Idade Media, por Anselmo López Carreira.
Mércores, día 13, ás 8 da tarde: Conferencia A Lingua Galega na Idade Media, por X.Ramón Freixeiro Mato
Xoves, día 14, ás 8 da tarde: Conferencia O fenómeno Trobadoresco, por Carlos P. Martínez Pereiro.
Venres, día 15, ás 7,30 da tarde: Recital poético a cargo de Celso Parada.
Conferencia Unha lectura dos poetas da Ría, por Xosé Mª Álvarez Cáccamo
Na Igrexa Parroquial de Coiro: Sábado, día 16, ás 7,15 da tarde: Coral María Soliño e Grupo Sanfonía
Días 12 a 17 na Casa da Cultura, exposición "Trobadores e Xograres na Galicia Medieval e Instrumentos Musicais da Época", realizada polos seminarios de Lingua e Debuxo do Instituto María Soliña, en colaboración co Concello de Cangas.
BERGANTIÑOS: O COUTO
Día 11. Escritores nos centros de ensino CEIP As Forcadas de Corme.
En xornada de mañá e tarde: Programa especial das Letras de Radiovoz cos alumnos das Forcadas (Presentación de Corme, de Bernardino Graña; entrevista con Bernardino Graña; Historia das Letras Galegas; entrevistas co Concelleiro de Cultura e membros da A.C. Monte Branco).
Día 13. Escritores nos centros de ensino.
- Xornada de mañá, de 10,30h a 12h no IESP de Ponteceso. Literatura medieval
- Introducción á literatura galega medieval a cargo de Paco Souto.
- Recital poético de poesía medieval con Paco Souto e Tati Mancebo. Poemas de Meendinho, Joham de Cangas, Martin Codax, Álvaro Cunqueiro, Fermín Bouza Brey e dos propios recitadores.
- Recital dos alumnos de 3º BUP do I.E.S.P. (Patrocina A Nosa Terra).
- Xornada da tarde ás 14,30h no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso
- Pepe Carballude: "Os enredos de Olaia"
Día 14. 22.15 horas, no bar A Barquiña. Literatura bravú
- Presentación Bravú con Xurxo Souto e Fumareu
Día 15. Ás 23h na Casa dos Veciños. POP-ROCK.
- V Festival Pop-Rock "Val de Pondal": Centolos e Seet Jham.
Día 16. Itinerario didáctico-pondaliano pola Costa da Morte.
- Ás 19h na Casa dos Veciños: Presentación da revista A.C. Monte Branco. 15 anos de Letras.
- Entrega da revista a todos os socios e socias e a todas as casas do Couto.
- Ás 20,30h, na capela de Santa Mariña: Recital poético pondalilano a cargo do Batallón Literario da Costa da Morte.
- Ás 23h , na Casa dos Veciños. Festival Folk: Noite folk cos grupos "Baila na criba" e "Cempés", co CD Capitán Re, (entrada 500 pesetas).
Día 17. Xornada de mañá. Ás 10h na Casa dos Veciños
- Pasarrúas cos gaiteiros Monte Branco.
- Ás 10,30h: Inauguración da Casa da Artesanía.
- Ás 11h: Misa en galego solemnizada polo coro "Aires de Bergantiños".
- Ás 11,30: Ofrenda floral no monolito pondaliano sito no adro de San Tirso de Cospindo.
- Ás 11,30h: Obradoiros para os nenos.
- Ás 11,45h: Sesión de contacontos con Paula Carballeira.
- Ás 12,30h: Sesión vermú co coro "Aires de Bergantiños".
- Ás 14h: Xantar cos artesáns.
- Xornada de tarde. Ás 16h: Apertura da Casa da Artesanía.
Presentación de libros na Costa da Morte. Acto dirixido polo escritor Xelucho Abella Chouciño
- Ás 16h: Xogos para os nenos e nenas na praza do Quinteiro.
- Ás 17h: Taller de maquillaxe para nenos e nenas.
- Festival de música e danza tradicional con: Asociación San Félix de Anllóns (Ponteceso), Cantareiras de Monte Branco (O Couto. Ponteceso), Asociación Cultural Raigañas de Cerqueda (Malpica de Bergantiños)
- Ás 19h: Concerto folk co grupo Luada.
- Ás 22h: Clausura.
- EXPOSICIÓNS: Feira do Libro Galego, Feira do Libro da Costa da Morte, Mostra de Artesanía.
CARBALLO
Día 15 ás 20h no casino de Carballo.
Presentación do libro "Os trobadores do reino de Galiza", publicado pola Nosa Terra, a cargo da autora Mercedes Queixas. A seguir haberá un recital deliteraturatrobadoresca a cargo do grupo de teatro da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña.Unha vez rematados estes actos, realizarase a entrega de premios do XVII Concurso Literario Infantil e Xuvenil.Organización: Agrupación cultural Lumieira
Día 17 ás 11h na praza do Concello.
XVIII Concurso Infantil de Pintura, para rapaces e rapazas en idade escolar; a inscrición realizarase na mesma praza. Haberá pinturas e papel gratis e sortearase unha bicicleta entre todos e todas as participantes no concurso. Ás 12,30h haberá unha actuación de teatro ao vivo a cargo do grupo Skank Unk, que representará a obra "Sen papas na lingua".
ILLA DE SAN SIMÓN
Días 21, 22 e 23.
Congreso "O mar das cantigas" organizado pola Consellería de Cultura, centrado na obra poética de Martin Codax, Joham de Cangas e Meedinho.
PONTEVEDRA
Día 14 de maio, ás 20.00 horas no Salón de Actos da Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra celebración da táboa redonda: "O estado da normalización lingüística", organizado polo Equipo de Normalización Lingüística da EOI de Pontevedra.
Relatores que confirmaron a súa asistencia: Pilar García Negro, deputada do BNG; Antón Louro Goyanes, deputado do PSOE; Xesús Ferro Ruibal, numerario da Real Academia Galega, Concha Costas Fernández, presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística.
Relatores por confirmar: Representante do PP.
Relatores que confirmaron a súa ausencia: Director Xeral de Política Lingüística


Actividades no exterior

MADRID
Día 14 ás 11h no Paraninfo da Universidade Complutense, actos organizados polo Departamento de Filoloxía Románica e a Casa de Galicia en Madrid, co seguinte programa:
- Presentación do primeiro número de "Madrygal, revista de estudios galegos"
- Conferencia de Manuel Rivas: "El escritor y su obra"
- Presentación da curtametraxe "¿Que me queres amor?", baseada no relato do mesmo título deste autor
- Clausura cun concerto da pianista Dolores Santos Ximena.
 
BARCELONA: IX Conmemoración das Letras Galegas nas Universidades de Barcelona
Día das Letras Galegas. Organiza: Área de Filologies Gallega i Portuguesa (U.B.)
6 de maio
Na Universitat Autònoma de Barcelona, ás 13 h.
Na Universitat de Barcelona, ás 17 h.
Conferencia e recital poético: "Poesía galega de hoxe" a cargo de Teresa Seara, Yolanda Castaño, coa colaboración de Paola Beiro.
8 de maio
Paraninfo da UB, 19.30 h.
Conferencia: "A poesía galega medieval" a cargo de Carlos Paulo Martínez Pereiro, profesor da Universidade da Coruña.
Concerto do Coro de Irmandade de Cataluña e do Coro Universitario Galego de Barcelona, dirixido por César del Caño. Interpretarán temas de Rosalía de Castro, Martín Códax e Manuel María musicados por distintos compositores (Xoán Montes, César del Caño e Andrés Gaos)
No patio de letras da UB Mostra de libros, discos e cerámica galega organizado polos alumnos de Filoloxía Galega.
Do 8 ó 25 de maio
Nas vitrinas da Biblioteca General
Exposición bibliográfica sobre as cantigas profanas galegas. Ofrecerá unha escolma de bibliografía clásica e recente sobre o tema. Inclúe o facsimilar máis recente dos textos de Martín Codax, Meendiño e Johán de Cangas, preparado por Adegas Martín Códax.
15 de maio
12:30: na Aula 501, "A poesía trobadoresca galego-portuguesa" , conferencia do catedrático de Literatura Galega e decano da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, o Dr. Xosé Mª Dobarro Paz.
A seguir: Actuación do Coro Universitario Galego (dirixido por César del Caño) que interpretará composicións da época medieval (Martín Códax) e contemporánea.
28 de maio
No Institut N. Monturiol, de Barcelona, 20 h.
Teatro: Zardigot de Euloxio R. Ruibal, por AUGATEBA (Agrupación Universitaria Galega de Teatro de Barcelona), dirixido por Anxo L. Baranga.
Organiza: Àrea de Filologies Gallega i Portuguesa - Departament de Filologia Romànica
Patrocina: Dirección Xeral de Política Lingüística - Xunta de Galicia - Facultat de Filologia - Universitat de Barcelona
Colaboran: Galería Sargadelos, Adegas Martín Códax, Editorial Galaxia.
 
MONTEVIDEO
Día 19 O centro galego presenta una charla sobre as Letras Galegas e a lírica medieval a cargo da lectora de galego na Universidade de Uruguai e actuación do grupo "Alfonso X" cun repertorio de cantigas de Martín Codax, de Alfonso X e composicións medievais francesas e alemanas.
 
GOTEMBURGO
Día 16, na Viktoriahuset en Gotemburgo. A Irmandade Galega organiza un acto poético xuntamente con poetas portugueses, latinoamericanos, suecos e irlandeses.Alén disto, anuncia a inminente asinatura dun convenio entre a Xunta de Galicia e a StadsBiblioteket de Gotemburgo para a formacion dun fondo bibliográfico galego.
 
XENEBRA
Día 23, ás 20,30h a asociación A Nosa Galiza presenta a conferencia "Os trobadores do Reino de Galicia Martin Codax, Meendinho, Johan de Cangas" a cargo do poeta e dramaturgo Miguel Anxo Fernán-Vello e a interpretación da cantiga de Meendinho, musicada por Miguel Fente, do Grupo de gaitas da Nosa Galiza.
 
HEIDELBERG
Día 15. Ás 18,15, na Alte Aula da Alte Universität Conferencias a cargo dos prefesores Rubén Lois González ("Las transformaciones del paisaje gallego entre 1960 e 1998"), Dieter Kremer ("Fr. Martín Sarmiento und Portugal") e Ramón Lorenzo ("A poesía de Martín Codax, meendiño e Xoan de Cangas").
Ás 20h Concerto a cargo do grupo Ensemble Trecento que interpretará as cantigas de Martín Codax e unha selección das cantigas de Santa María.
Día 16. Reunión anual do Centro Estudios Galegos de Heidelberg (entre as 9 e as 20h)
 
LISBOA
25 - 30 de maio
I Xornadas das letras galegas en Lisboa organizadas polo Centro Ramón Piñeiro de Investigación en Humanidades.
 
BIRMINGHAM
Días 15 e 16 Congreso internacional de lírica medieval galego-portuguesa "Ondas do mar de Vigo", organizado polo Seminario de Estudios Galegos do departamento de Filoloxía Portuguesa da Universidade de Birmingham.
 
BUENOS AIRES: Instituto Argentino de Cultura Gallega
Día 15, ás 20h no Teatro Castelao do Centro Galego de Bos Aires, táboa redonda sobre "Vigo na Literatura Medieval: Martn Codax, Meendinho, Joham de cangas. Trobadores da ría de Vigo".Actuación da "Asociación de Gaiteiros Galegos Arxentinos"


As Letras do 98