Que farías ti?

IlustracionEstamos en 1998 e o galego continúa a ser a lingua habitual de máis de dous tercios da poboación, non obstante a súa presencia na vida pública non se correponde aínda con esta realidade. Imaxina que, por un momento, ti es quen manda e que tes a responsabilidade de planificar as próximas actuacións en materia de política lingüística. A túa liberdade de decisión está condicionada por dous factores fundamentais: a limitación dos recursos económicos e a necesidade de non facer da cuestión do idioma unha imposición. Na túa man está a elaboración de novas propostas lexislativas para os ámbitos do ensino, investigación, medios de comunicación, administración, xustiza, economía, novastecnoloxías, etc. Tamén depende de ti a realización de campañas de promoción do galego, a concesión de subvencións e a potenciación do papel dos organismos e institucións que se ocupan do idioma: Real Academia, centros de investigación, servicios lingüísticos de universidades, concellos, escolas, palacios de xustiza, etc. Tendo en conta este punto de partida, cales son as medidas que tomarías, que farías ti?




Portada | Historia do Día das Letras | As Letras do 98 | Codax, Meendinho e Cangas | Mil primaveras máis | Os humoristas e a lingua