![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() Por que convocamos este concurso Bases, premio e xurado Portada Dossier Vieiros |
![]() |
Proposta gañadora do concurso O xurado do "Concurso de ideas sobre que facer coa estatua de Franco", reunido en Ferrol nas vésperas do 7 de xaneiro, día de San Xiao, decidiu premiar a proposta "Crear un museo da Guerra civil en Galicia (e depositala alí)", presentada por Miguel A. Suárez Regueiro, de Santiago. O xurado, formado por Eduardo Fra Molinero (historiador), Siro López (humorista) e Manuel Patinha (escultor), considera: 1- O interese do concurso e das propostas nel presentadas. 2- A orixinalidade e calidade humorística de moitas das ideas propostas. 3- A importancia das propostas realizables e do seu valor pedagóxico O Xurado decide por unanimidade escoller unha proposta que teña o valor de quitarlle á estatua o seu actual carácter simbólico e lle asigne o papel que o paso do tempo e a maioría da poboación deu en atribuírlle, esto é, o da constatación da figura dun dictador que provocou un dos peores momentos da nosa historia recente. Así mesmo, o xurado cre que a historia debe ser lembrada e estudiada, para que nós mesmos e as futuras xeracións saibamos non caer en erros similares. Estas razóns levan a escoller unha das varias propostas que apostan pola permanencia da escultura en Ferrol e que sexa depositada nunha instalación, aínda por construír, adicada a un Museo sobre a Guerra Civil e ás súas consecuencias para a cidade, Galicia, e resto do mundo. Esta institución habería sevir para que o público coñecese a historia e para ordenar os arquivos de diversas dependencias que tratan dese período, de xeito que adquirise o papel de centro de investigación. Entre varias das propostas que apuntan esta idea, resultou elixida a de Miguel A. Suárez Regueiro, veciño de Santiago, que a continuación reproducimos:
Durante un mes, case cen persoas presentaron a súa proposta sobre o futuro da estatua de Franco. Son iniciativas chegadas de todas partes do mundo. Velaiquí unha selección delas:
|
![]() |