G97 Galicia e o seu Parlamento
 

GALICIA

- Localización xeográfica

- División política e administrativa

- Poboación

- Distribución da poboación activa

- Os símbolos de Galicia

- Galego, lingua propia de Galicia



AS INSTITUCIÓNS DE AUTOGOBERNO

- Ata a instauración da democracia

- O Estatuto de Autonomía de Galicia

- A Xunta de Galicia

- O Parlamento galego



LIGAZÓNS A OUTROS WEBSITES
Localización xeográfica. Galicia está situada no extremo noroccidental da Península Ibérica e ocupa unha superficie de 29.575 km2. A súa orografía e irregular e a costa recórtase nas chamadas "rías".

Galicia ten, en xeral, clima atlántico húmido, aínda que existen diferencias entre as áreas litorais e interiores.

División política e administrativa. A capital política e administrativa é Santiago de Compostela. A división administrativa actual, creada no século XIX, divide o territorio en catro provincias: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. A actividade desenvolvida pola Xunta de Galicia no ambito da planificación territorial durante os últimos plasmouse no, denominado Plan de desenvolvemento comarcal, que tivo a súa orixe no acordo do Consello da Xunta do 19 de decembro de 1990, no que se regulaban dun xeito inicial os instrumentos e procedementos necesarios para articula-lo dito modelo e se designaban catro comarcas piloto.

A aplicación do plan a estas primeiras comarcas piloto permitiu avanzar de forma gradual no deseño do modelo. Así, a esta fase inicial fóronselle sumando outras, nas que se incrementaron as comarcas piloto ata vinte, e nas que diversas innovacións foron introducidas, como o deseño de novos mecanismos e procedementos, os sistemas de participación cidadá e social ou a creación das fundacións para o desenvolvemento das comarcas.

Como resultado deste proceso, as comarcas galegas son as seguintes: Ortegal, Ferrol, A Coruña, Terra Cha, Bergantiños, Ordes, Santiago, Tabeirós-Terra de Montes, O Salnés, Pontevedra, Vigo, O Baixo Miño, A Fonsagrada, Terra de Melide, Arzúa, A Ulloa, Deza, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Terra de Celanova, A Paradante, Lugo, A Fonsagrada, Terra de Lemos, Os Ancares, Terra de Trives e Valdeorras.

Poboación. Galicia ten 2.812.962 habitantes. Por provincias, a distribución é a seguinte: A Coruña, 1.131.404; Lugo, 387.038; Ourense, 362.832 e Pontevedra 931.688. A poboación galega ocupa de forma irregular o territorio, cunha densidade de 94,4 habitantes km2, e caracterízase pola elevada dispersión, con pequenos núcleos de poboación. A maior densidade corresponde á área litoral, principalmente ó extremo suroccidental e ó eixe A Coruña-Santiago-Vigo.

As cidades máis importantes son Vigo, A Coruña, Ourense, Santiago de Compostela, Lugo, Ferrol e Pontevedra.

O fenómeno da emigración caracterizou durante os dous últimos séculos á poboación galega. Nos últimos tempos obsérvase, ademais, un descenso no crecemento poboacional.

Distribución da poboación activa. Tradicionalmente, o sector predominante era o primario; na actualidade, o sector servicios é o máis importante sendo a distribución da poboación activa a seguinte: 45% servicios; 19% industria; 18,5% agricultura e gandeiría; 14% construcción e 3,5% pesca.

Os símbolos de Galicia. A bandeira galega é branca cunha banda azul celeste dende o extremo superior esquerdo ata o extremo inferior dereito. A bandeira ten no centro o escudo. O escudo de Galicia ten no centro o cáliz eucarístico. Esta figura procede dun antigo privilexio da catedral de Lugo: a exhibición constante do Santo Sacramento. Este cáliz tamén se ten relacionado co lendario Santo Graal. As sete cruces que o rodean representan as principais cidades da Galicia do pasado.

O himno nacional galego interpretouse por primeira vez en 1907. A letra procede un poema de Eduardo Pondal e a música é de Pascual Veiga.

Galego, lingua propia de Galicia. O galego pertence ó grupo das linguas románicas, producto da evolución do latín implantado polos romanos no noroeste da Península Ibérica, con aportes dos pobos aquí instalados antes da colonización, ademais das contribucións das linguas superpostas ó latín galaico trala fragmentación do Imperio Romano.

Os límites xeográficos da nosa lingua veñen conformados pola Comunidade Autónoma de Galicia e as áreas máis occidentais de Asturias, León e Zamora.

A lingua propia de Galicia atravesou ó longo da súa historia por diferentes circunstancias que afectaron ó seu emprego como lingua normal de comunicación.

Relegada a súa utilización ós ámbitos informais, o noso idioma sobreviviu ó devir dos tempos ata hoxe en que, parello á recuperación das institucións de autogoberno, o galego volveu acadar, xunto co castelán, o status de lingua oficial de Galicia.

As institucións de autogoberno


Volver á portada | 19-O e outras eleccións | Partidos, líderes e programas | Revista de prensa | Vieiros