![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![]() |
![]() | - Composición do parlamento recén disolto - Decreto de convocatoria das eleccións do 19-06 - Censo e número deputados por circunscrición - Partidos políticos que se presentan as eleccións do 19-O - Calendario electoral |
Resultados das últimas eleccións autonómicas
Escanos
|
![]() |
Composición do parlamento recén disolto
|
Decreto 225/1997, do 25 de agosto, de disolución do Parlamento de Galicia. PRESIDENCIA De acordo co previsto na Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia; Lei 1/983, do 22 de febreiro, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e pola Lei 12/1989, do 4 de outubro, reguladora da Xunta e do seu presidente; e pola Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, no seu artigo 12, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de agosto de mil novecentos noventa e sete, DISPOÑO: Artigo 1º. Queda disolto o Parlamento de Galicia elixido o día dezasete de outubro de mil novecentos noventa e tres. Artigo 2º. Convócanse eleccións ó Parlamento de Galicia, que se celebrarán o día dezanove de outubro de mil novecentos noventa e sete. Artigo 3º En aplicación do artigo 9 da Lei 8/1985, do 13 de agosto, modificada pola Lei 15/1992, do 30 de decembro, de eleccións ó Parlamento de Galicia, os setenta e cinco deputados repartiranse como segue: A Coruña: vintecatro. Pontevedra: vintedous. Lugo: quince. Ourense: catorce. Artigo 4º A campaña electoral durará quince días, empezará ás cero horas do día 3 de outubro de mil novecentos noventa e sete e finalizará ás vintecatro horas do día dezasete de outubro de mil novecentos noventa e sete. Artigo 5º Celebradas as eleccións convocadas por este decreto, a Cámara resultante reunirase para a súa sesión constitutiva o día dezaoito de novembro de mil novecentos noventa e sete ás once horas. Artigo 6º As eleccións convocadas por este decreto rexeranse pola Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, de réxime electoral xeral, modificada pola Lei orgánica 1/1987, do 2 de abril, Lei orgánica 6/1992 do 2 de novembro, Lei orgánica 13/1994, do 30 de marzo, Lei orgánica 3/1995, do 23 de marzo, Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro e pola Lei orgánica 1/1997, do 30 de maio, así como pola Lei 8/1985, do 13 de agosto de Eleccións ó Parlamento de Galicia, modificada pola Lei 5/1992, do 30 de decembro, e tendo en conta tamén, o Real decreto 421/1991, do 5 de abril, modificado polo Real decreto 563/1993, do 16 de abril, polo que se dictan as normas reguladoras dos procesos electorais e normativa de desenvolvemento. Disposición derradeira Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela a, vintecinco de agosto de mil novecentos noventa e sete. Manuel Fraga Iribarne Presidente (Publicado no DOG núm. 163, do martes 26 de agosto de 1997.) |
Censo e número de diputados por circunscrición A Coruña. 952.158 electores e vintecatro deputados. Pontevedra. 756.606 electores e vintedous deputados. Lugo. 323.365 electores e quince deputados. Ourense. 300.091 electores e catorce deputados Total. 2.332.220 residentes no Estado e 232.082 no estranxeiro |
Partidos políticos que se presentan as eleccións do 19-O Provincia de A Coruña. Partido Popular, coalición PSdeG-PSOE/EU-EG/Os Verdes, Bloque Nacionalista Galego, Democracia Galega, Frente Popular Galega, Izquierda Unida, Partido Humanista, Partido de los Autónomos y Profesionales, A Movida. Provincia de Lugo. Partido Popular, coalición PSdeG-PSOE/EU-EG/Os Verdes, Bloque Nacionalista Galego, Democracia Galega, Frente Popular Galega, Izquierda Unida, Partido Humanista. Provincia de Ourense. Partido Popular, coalición PSdeG-PSOE/EU-EG/Os Verdes, Bloque Nacionalista Galego, Democracia Galega, Frente Popular Galega, Izquierda Unida, Partido Humanista. Provincia de Pontevedra. Partido Popular, coalición PSdeG-PSOE/EU-EG/Os Verdes, Bloque Nacionalista Galego, Democracia Galega, Frente Popular Galega, Izquierda Unida, Partido Humanista, Partido Social y Democrático de Derecho, Falange Gallega de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista. |