APROXIMACIÓN AO GALEGO EXTERIOR Xavier Frías Conde 1. ÁREAS XEOGRÁFICAS DO ESTUDIO Como xa ficou dito enantes, o galego exterior espállase por catro provincias, mais cómpre citar, dentro desas delimitacións comarcais, que áreas falan galego e onde habemos pór a fronteira entre o galego e mais o asturleonés. En Asturias falan galego os dezaoito concellos máis occidentais do Principado, aínda que tres deles falan galego só na súa metade máis occidental, mentres a outra fala asturiano. Estes concellos son logo: A Veiga, Tapia de Casarego, El Franco, Coaña, Boal, Navia occidental, Castropol, Taramundi, Santiso de Abres, Santalla de Ozcos, San Martín de Ozcos, Vilanova de Ozcos, Grandas, Eilao, Pezós, Villallón (área de Ponticella), Allande occidental (Tras-el-Palo) e Ibias. A fronteira lingüística percorre toda a Serra do Rañadoiro, que é ao mesmo tempo a que marca a cunca do Navia na súa marxe dereita. En León fálase galego no Baixo Bierzo que é o partido xudicial de Vilafranca do Bierzo, onde se inclúe o val de Ancares e mais o de Finolledo, e que tén coma fronteira lingüística o río Cúa ata embocar no Sil; a partir de aquí, a raia con Ourense é tamén a fronteira lingüística deica Zamora. En Zamora falan galego os catro concellos máis occidentais, os cales son: Pías, Porto, Lubián e Hermisende (1) Estes territorios véñense chamando Entre-As-Portelas, ou máis brevemente As Portelas. Tamén fala galego a vila de Calabor, fóra de As Portelas e sita no concello de Pedralba de la Pradería, a dous quilómetros coa raia portuguesa na rota de Braganza. Finalmente, en Cáceres falan unha variante galegas tres vilas de Valverde do Fresno, As Ellas e San Martín de Trebello. ![]() 1.1. Clasificación dialectal e subdialectal A partir da clasificación de materiais e ollando para as áreas de estudios, axiña xorde o plantexamento da clasificación dialectal e subdialectal de todo o galego exterior, á que xa nos referimos enantes. En primeiro lugar, pareceume que a clasificación máis recente do idioma galego en tres bloques non recollía a realidade de todo o galego, dado que, como xa mentei enantes, nos estudios da dialectoloxía galega préstase pouca atención ao galego exterior no seu conxunto e alén esquécese incluir nel áreas tan importantes coma a Serra de Xalma ou Calabor. Por iso, eu propoño aumentar o número de bloques ata cinco, de xeito que ficaría:
Polo tanto, o galego exterior abrangue parte do galego oriental e todo o raiano e mais o meridional. Téñase en conta que por veces traspasei a fronteira política entre Asturias e Galicia e fixen inquéritos en Lugo dado que algúns dos falares que estudiei espallánse por ambas as provincias e mesmo en Negueira de Muñiz (Lugo) fálase naviano. Ao atendermos á clasificación subdidialectal, mais sen entrarmos de novo na cuestión dos bloques, os falares quedan divididos e subdivididos do seguinte xeito:
1.2. Elementos principais de cada dialecto A avandita división de dialectos e subdialectos xustificase por unha serie de trazos que caracterizan a cada un destes falares e que expomos esquematicamente: a) o eonaviego consta de tres subdialectos. Como rasgos de cada un, esquemáticamente expostos, encontramos: (7)
Noutros casos hai que facer unha distinción entre norte e sur, onde o eonaviego do norte é A Mariña e Eilao xunto aos concellos da dereita do Navia ata Verducedo. O resto son o eonaviego do sur. Excluímos os xa citados de Santiso, sur de A Veiga e Taramundi como pertencentes ao galego do Eo. b) o bierzano: consta de dous: * bierzano norte: por riba de Vilafranca. * bierzano sur: resto do Baixo Bierzo. En realidade o bierzano do norte está a medio camiño entre o ancarés e o bierzano propiamente dito. Rasgos Ancarés Bierzano do norte Bierzano do sur QUA- condo/cando condo cando Posesivos tou, sou tou, sou teu, seu Gheada (+) (+) (-) Segundo termo da comp. que que ca Adverbio de lugar aló aló alá -INU/A -ín/-ía -ín/-iña -iño/-iña c) o porteño: consta de tres: * porteño occidental: Porto y Pías. * porteño central: Lubián, Hermisende. Padornelo presenta rasgos comúns con Calabor. * porteño oriental: Calabor.
d) o xalmego: consta de tres: * valverdeiro: Valverde do Fresno, * lagrateiro: As Ellas, * mañego: San Martín de Trebello. Podemos reagrupalos en xalmego occidental (valverdeiro) e oriental (lagarteiro e mañego).
APROXIMACIÓN AO GALEGO EXTERIOR: LIMIAR 2. TRAZAS FONOLÓXICAS SENLLEIRAS DO GALEGO EXTERIOR 3. O SISTEMA CONSONÁNTICO 4. NOTAS DE MORFOLOXÍA 5. NOTAS DE SINTAXE 6. CONCLUSIÓNS APÉNDICE NOTAS 1. Estes concellos pertenceron á provincia de Ourense ata o século pasado. Téndese a os clasificar dentro da Xabra, chamando á zona Alta Xabra, mais os habitantes desta terra non se consideran xabreses xa que non teñen nin a lingua nin a cultura da bisbarra veciña. 2. A razón para xuntarmos nun mesmo bloque o ancarés e mais o eonaviego foi o grande número de semellanzas que se dan nos dous no tocante á morfoloxía e o léxico. 3. Os Coutos está case todo rodeado polo concello de Navia de Suarna, e parece unha península dentro del, polo que se fala igual que en dito concello lugués. Así pois, A Fonsagrada e Navia de Suarna teñen un falar con características comúns ás do eonaviego e sobre todo ao bierzano norte. 4. Padornelo, no concello de Lubián (é a primeira vila que se encontra en vindo de Xabra) ten moitas características comúns con Calabor). Hermisende norte inclúe a vila de San Cibrao de Hermisende, mentres que Hermisende sur inclúe a capital do concello, Hermisende, e mais A Teixeira. A diferencia entre ambas as subáreas está na conservación das sibilantes sonoras no norte e a súa conservación no sur, o que levou a algúns estudiosos a considerar a fala desta rexión como portuguesa, xunto coa súa estadía en territorio portugués ata 1640. En todo caso, a zona meridional é galegófona polas mesmas razóns que consideramos Xalma como parte do dominio galego, é dicir, pola presencia de /h/ no artigo unha e derivados, a interdental /q/ no canto do "s" beirao . 5. Cómpre ter mui en conta os falares galego-portugueses que se dan en Estremadura e mais Salamanca, e que poderíamos clasificar así: 1. Falares galegos: xalmego 2. Falares portugueses: 2.1. falar de Alamedilla (Salamanca) 2.2. falar de Ferreira de Alcántara (Cáceres) 2.3. falar de Olivenza (Badallouce) 6. Os primeiros estudios sobre os falares, especialmente os realizados por portugueses como Leite, desta rexión chamaban mañego ou samartiñego á lingua da zona, cando en realidade dito nome aplícase só á de San Martín. 7. /y/ en concellos máis occidentais como Navia, e /l/ noutros máis centrais, como Coaña. Alén diso é interesante comprobar as diferencias que se dan nalgúns concellos partidos, como Tapia, onde a parte occidental (Tapia e Serantes) non palatalizan e a oriental (A Roda e Campos) si:
Un caso semellante é Allande (Tras-el-Palo), onde a metade sur (Valledor) se diferencia do norte (Verducedo) por unha gavela de rasgos parellos aos sinalados anteriormente, aínda que se pode ver que nalgúns aspectos ambas as zonas son coincidentes:
|