A Lingua das Cantigas
O Congreso da lírica medieval galego-portuguesa na rede "A lingua das cantigas", primeira experiencia deste tipo na Internet galega chega hoxe, día 22 de maio ao seu fin. Xunto con Vieiros, web coorganizadora do Congreso, galego.org, despide o acto esperando que a experiencia resultase proveitosa tanto para a comunidade académica como para o resto das persoas interesadas no tema. Confiamos en que "A lingua das cantigas" sente precedente para futuros encontros similares na nosa Internet. Un saúdo a todos e todas e graciñas pola vosa participación.


No día da clausura do Congreso presentamos o relatorio Origens sem originalidade, por D.Américo Antonio Lindeza Diogo e Cancioneiros, cantigas e "neotrobadores" na galiza contemporánea, de Dona María Teresa López, que trata sobre as influencias da poesía trobadoresca na literatura galega actual

Este Congreso conta coa colaboración de:
Xunta de Galicia
Programa
Documentos:
Cancioneiro galego-castelán de Henry Lang
Recursos na Rede
Actividades realizadas
Este congreso está dividido en tres seminarios:

Lingua medieval galego-portuguesa

Literatura de expresión galego-portuguesa dos séculos XII ó XIV e

Coordenadas históricas e sociais das Cantigas