E S P E C I A L  S A R A I B A S 
Chámome don Polbo
da Touza Longal,
Son mestre da escola
do fondo do mar.
Don Ollomol
é o bedel,
dona Caracola
o chifre do mel.

Os peixes recean,
érguense ao mencer;
se non len nas oucas
heinos suspender.
Don Calamar
vén entintar:
a multicopista
xa teño que usar.

Os peixiños teñen
libretiñas verdes
de follas molladas
envoltas en redes.
Don Tiburón
vailles comprar
unha pluma verde
para escribi-lo mar

Volver ó Especial Saraibas