Vieiros
8 de marzo, Día da Muller Traballadora


O 8 de marzo celébrase o cabodano da morte de 192 mulleres en Nova Iorque por defenderen os seus dereitos. Hoxe as reivindicacións non cesan: o mundo avanza pero non para as mulleres: ablación do clítoris, desigualdade laboral, desemprego, malos tratos por parte dos seus compañeiros, etc. Foi por iso que onte se concentraron en Santiago varios centos de féminas -con algún home polo medio- para pedir que as mulleres sexan "un problema de Estado".

Exemplos de discriminación e desigualdade hai moitos, mesmo no "Primeiro Mundo". No Estado español, só o 6% dos alcaldes son mulleres. En Galicia as porcentaxes do paro son: media 17%, homes 12,4% e mulleres 23,4%. E novas enfermidades nacen como froito da presión psicolóxica "corpo perfecto coma as modelos". Resultados: a anorexia é un mal común, máis de mil mozas a sufriron no ano 98 en Galicia.

Velaquí lle mostramos algunhas das webs imprescindibles para coñecer o problema:

En Galicia:

  • Servicio Galego de Igualdade da Consellería de Familia, Muller e Xuventude
  • EPA (Enquisa de Poboación Activa) en Galicia do cuarto trimestre do 98: tódolos datos para comparar a situación do home e da muller no traballo.
  • Cidade das Mulleres: única web para mulleres de Galicia, da Concellería da Muller de Vigo. Un aplauso.

En Europa:

No mundo:

. Vieiros