O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a
época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de
personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións
máis asentadas. É, sen dúbida, a festa
máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se
prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo
nas aldeas.
Os entroidos máis famosos do país son, sen
dúbida, os ourensáns. Laza, Verín e Xinzo
convértense por uns días nas capitais de Galicia. Os
peliqueiros e cigarróns centran a atención dos
visitantes, pero a dúbida asalta ao preguntármonos pola
súa orixe: hai quen di que veñen dos cobradores de
tributos dos condes de Monterrei, que posuían unha zamarra coa
que castigaban aos morosos que non pagasen a tempo. Sen embargo,
tanto Vicente Risco coma Bouza Brey viron neles unha orixe moito
máis antiga. Risco cría que proviña das
asociacións segredas primitivas ou de ritos sagrados e Bouza
supón que as súas orixes pertencen á
prehistoria, coma unha evolución de vellas cerimonias
tribais.
Outros protagonistas do Entroido son os "xenerais" en
Boqueixón, Vedra, A Estrada, Vila de Cruces e Silleda; as
Pantallas que dende o pasado domingo Corredoiro ata o día 1 de
marzo percorren Xinzo de Limia, os boteiros e "foliós" en
Viana do Bolo, as máscaras traballadas dos Volantes en
Chantada , ademais dos xa coñecidos Cigarróns de Laza e
Verín son algúns dos sinais desta festa tque se
pechará un mércores de cinza coa queima do Momo e o
Meco ou o enterro do Ravachol en Pontevedra. Tempo para a
diversión e para o bo xantar... porque outra compoñente
-importantísima do Entroido galego é a
gastronomía: o lacón
con grelos como prato forte, acompañado de doces como as
orellas ou as filloas,
son as comidas típicas destas festas.
Velaquí as mellores webs sobre o Entroido en Galicia:
|  | 
 |