Entrevista con Domingos Merino, deputado polo BNG no Parlamento de Galicia

"A batalla polo goberno só a perde o que non ten vontade de gañala"


DiNiro



"A polémica da capitalidade era en realidade un ataque ao autogoberno de Galicia"































"Dame a sensación de que o PSOE pareza ter dado por perdida a batalla polo goberno de Galicia"
Damos un saltiño no tempo, xa nos 90, ¿como se produce a nova alianza co bloque, desta vez xa como entrada no BNG ?

No PSg Eg existía a preocupación de que non eramos os suficientes para todo o que había que facer. O proxecto rebasábanos. Necesitabamos máis forza e máis militancia. En Galicia un referente era o bloque. E de feito dentro no partido habería dúas opcións. Unha maioritaria que pretendía unha alianza co BNG e outra máis reducida que a anterior , aínda que tiña cobrado forza sobre todo nos últimos tempos e que se inclinaba por un pacto con Esquerda Unida.
O resultado do congreso en 1989 deixou esas dúas posicións. Así, fixemos unhas negociacións nas que eu mesmo participei. Co BNG non foi posible o acordo, aínda que mesmo se plantexara acudir xuntos ás eleccións xerais, no 93 creo recordar. Ofrecíannos algún primeiro posto nas listas, pero nós pretendiamos que o acordo fora un pouco máis de fondo. Non só puntual para as xerais senón máis alá. Non se deron as condicións para que iso fose posible. Foi entón cando os que apostaban pola segunda posibilidade de acordo dixeron: vale vos xa o intentástedes, agora imos a intentalo nós. Entón claro, por descarte, chegou a coalición. E iso o noso colectivo acusouno.
Así chegaría logo o novo acordo co BNG, con outras condicións e que nos levou a integrármonos no bloque como un colectivo máis. Aínda que inicialmente só unha parte do partido se integra, conforme avanza o tempo vaise recuperando xente. Hoxe moitos deles están no proxecto de novo.

E xa dentro do Bloque, imos seguir falando de pactos, pero a outro nivel, neste caso e nomeadamente co PSOE nas alcaldías. ¿como os valora vostede?

Hai que velos no contexto. De aí a súa necesidade. Hai unhas tarefas que facer, casi parecidas ás do 79, En Galicia hai unha situación de gravidade comparable a aquela coa que nos atopamos coa transición. Hai unhas tarefas que é necesario acometer. Cando se analiza a necesidade de relevar a Fraga, e nos din que hai que dicirlle ós cidadáns para que, debemos valorar que estamos nunha situación onde un partido controla toda a administración, todos os resortes do poder, ....
A cuña que metemos aí nas municipais foi moi acusada polo pp e están tentando desacreditar a política das cidades.
Comezaron unha labor de acoso para a recuperación. Agás na Coruña, claro, que practicamente a consideran deles. Están tentando presentar os pactos como un desastre. Cando o desastre realmente foi cando eles tiñan a maioría absoluta neses mesmos concellos. Queren que se olvide o desastre que iso supuxo en moitos lugares, pero non vai ser doado.

¿Que estratexia de desgaste está plantexando a oposición do PP nas cidades?

Pretenden que a media lexislatura municipal xa estén resoltos non só os problemas desta lexislatura, senón incluso os problemas que deixaron eles das anteriores. É unha campaña con moitísimos medios destinada primeiro a presentar esa situación de maneira que lles poida favorecer para o relevo nas próximas municipais. Iso é indudable, están xa preparando as municipais do 2004, están facendo esa campaña, e ó mesmo tempo intentando desacreditar o que podería ser o pacto BNG/PSOE nas próximas autonómicas.
Que hai cousas que criticar, naturalmente por suposto, e eu son o primeiro se hai que facelo, en toda acción municipal hai cousas criticables, pero o que se debate é o fondo do asunto, e iso non bota por terra todo o que se está conseguindo a pesar do boicot que tentan urdir.

Imos con outro asunto, os problemas do pacto co PSOE. Segundo o que falabamos antes,.... hai similitudes hoxe coa situación do 79 cando o PSOE vota a súa elección como alcalde e a continuación comeza o acoso á alcaldía

É un exemplo posible. Xa vos dicía que os ataques comezan ó día seguinte. E incúen dúas mocións de censura. Aínda que alí a oposición non aprobou ningún presuposto municipal. Tiñamos en contra a todos, á deputación, ás delegacións ministeriais, á xunta preautonómica, ó goberno central non me recibían en ningún lado. Como alcalde da cidade non me recibían. Salvo se ía precedido dunha presión popular importante, as cuestións que ían precedidas dunha presión cidadá forte si se atendían, porque entraban nunha dinámica onde eles tamén tiñan que lavar a cara. Por exemplo o tema de Alvedro ou subvencións e créditos para determinadas obras, para iso non lles quedaba máis remedio, e entón si, había a foto correspondiente.

¿Podería interpretarse hoxe co PSOE que non se conforman co papel de terceiros?

Non é xa que non se conformen, non aceptan a realidade, parece que queiran ser a leal oposición a Fraga .
Hoxe é moi necesaria unha renovación. Lévanse malgastados moitos millóns. Hai que facer balance de como está de mal a situación. Aínda que digan o contrario e se gasten con tanto bombardeo, a costa de repetilo unha e mil veces, pois pode haber xente que chegue a crelo. Pero máis ben hai unha saturacíon de propaganda pouco crible xa. Porque a situación é tremenda en calquera apartado que vexamos. Os datos de hoxe aquí son peores que en 1990. Nos anos que agora a xunta presenta como de grande éxito en materia de emprego, estamos peor
dende 1987 mentres no estado creceu un 13% o emprego aquí só chegamos a un 9% e nós partimos dunha situación onde temos que converxer e estamos diverxendo...

¿Iso precipita a urxencia dun pacto PSdeG/BNG?

Parece que todas estas cousas non sexan tan urxentes para o PSOE. A min dame a sensación de que eles parezan dar por perdida a batalla polo goberno de Galicia. E esa batalla só a perde o que non tén vontade de gañala. E o bloque ten vontade de gañala. De gañarlle a Fraga. Non porque sexa ben para o bloque, senón porque é bon para este país, e para o futuro deste país, para todos, sexan nacionalistas ou non nacionalistas. Non vexo unha actitude positiva, vexamos senón esa enquisa que veñen de presentar, da a sensación de que o que queren é desanimar, de insinuar que non é posible. Os movementos que hai e as declaracions amosan iso. Aínda que eu estou de acordo con Beiras en que estamos condenados a entendernos. Coincido con eso.

Que opinión lle merecen as declaracións de Touriño ó respecto de que só habería pacto se o presidente é do PSdeG?

Iso é querer botar peito, pero sen que o tipo dé para eso. Primeiro porque parece que lle digan á xente que non vai haber pacto porque non vamos a gañar. Pero O bloque non está decindo ademais quen vai presidir. As mesmas palabras de Camilo Nogueira nos últimos días foron ben claras ó respecto: presidirá o que teña un voto máis que o outro. Iso é o sensato. Non estamos de fanfarróns.

Certos sectores do PSdeG parecen poñper moitas pedras no camiño...Inflúen ás veces as persoas nos acordos?

Efectivamente a compoñente persoal na política non hai que descartala,
pero ...O gran factotum do antinacionalismo e do antigaleguismo que é Francisco Vázquez xa se esnafrou con esa actitude anteriormente. El que non era o candidato, e agora parecece que tente traspasar esa actitude. Fixeron simulacro ante as eleccións pero cada día o PP está mais feliz na Coruña. É un problema para o PSOE que condiciona o resto. Eu levo moitos anos en politica e procuro que as cuestions personais non influan, teño incluso unha magnifica relación con concelleiros socialistas, algúns deles por certo en desacordo con Francisco Vázquez.

Falamos agora de pactos, pero a outro nivel, a nivel interno. Están vostedes (UG) contentos coa súa posición no partido?

Non é unha cuestión de estar contentos ou non. É normal que o pluralismo do BNG se reflexe nas listas. Aspiramos a representación claro, non pode ser doutra maneira. A pluralidade do BNG hase de ver necesariamente reflexada na elaboración das listas.

Non está sendo polémico que Camilo Nogueira non entre de primeiro por Pontevedra, como parece ser que era vontade del?

De ningún modo. En ningún momento el dixo iso. Ninguén o plantexou. Trascendeu ós medios un debate que non existe.

A cantos diputados aspiran?

Tal e como están as listas..., a posibilidade evidentemente máis factible é que eu entre como nas anteriores.

Que opinión lle merece o debate que brincaba ós medios sobre a posible marxinación nas listas de Anxo Quintana?

Parecido ó de Camilo. Un grupo de compañeiros do seu entorno en Ourense propoñían que fose incluido nas listas. Nada que obxectar, é lóxico que se promova a súa inclusión. Pero polo momento, nin el manifestou explícitamente o seu interés nin se falou oficialmente de nada ó respecto.

E a sucesión de Beiras?

E un tema que non está plantexado a nivel oficial. Non ten sentido ligalo ás eleccións autonómicas.

Pero tense falado públicamente, o mesmo Beiras o plantexou

O caso de Beiras e o de Fraga son moi distintos. Aparte de que a diferencia de idade é significativa.
Beiras representa a renovación, e vén de avance en avance. Se Fraga representa a continuidade, Beiras representa o cambio, a ilusión por algo distinto.

De calquera maneira existirán movementos tácitos?

Non hai movementos dese tipo. Hai xente que opina. Pero porque Beiras deu lugar a que se opinara, expoñendo nun momento dado en voz alta, e sen que houbese necesidade, unha reflexión persoal sobre o seu futuro. Se se quere logo das eleccións falaremos, pero de momento non hai debate ó respecto. O tema das sucesións é un tema plantexado no PP por necesidades fisiolóxicas, e na sociedade galega por hixiene democrática.

Que hai do que se di ó respecto de que Francisco Rodríguez poida ter presionado para apartar a algún outro candidato da carreira sucesoria, por exemplo obstaculizando a inclusión de algún posible competidor nas listas?

É mentira. Esa conclusión é falsa. En ningún momento se produce iso. Eu estiven nos debates e sei o que se dixo alí.

Falábase de presións da UPG...

Acostuma a utilizarse á UPG para meterse co BNG. É un estereotipo que teñen formado os medios, e que hoxe xa non debería ter sentido





Vieiros| Parte 1 | Parte 2