Francisco Vázquez Vázquez

Francisco Vázquez é avogado e inspector de traballo, está casado e ten dous fillos. Militou no PSOE dende a clandestinidade: foi o encargado de reorganizar en Galicia tanto o partido coma a UXT, durante os anos 70. Francisco Vázquez foi o primeiro secretario xeral do Partido Socialista en Galicia, e o primeiro candidato do partido á Xunta. Presidiu a Federación Española de Municipios e Provincias, da que agora é vicepresidente. É alcalde da Coruña dende 1983, e deputado no Congreso dende as primeiras eleccións democráticas. Dende 1994 desempeña o cargo de Secretario Xeral do PSdeG-PSOE.

Volver a Eleccións | Volver a Vieiros