Francisco Rodríguez Sánchez

Naceu en Ferrol no ano 1945. É catedrático de Lingua e Literatura, e Doutor en Filoloxía Románica. É autor dunha ampla serie de investigacións, ensaios e estudios de índole lingüística, literaria e política, sempre dende unha perspectiva nacionalista.
Foi impulsor fundamental da creación e dinamización de organizacións sindicais e políticas como INTG e BNG. Membro da Permanente do Bloque Nacionalista Galego e do Consello Nacional do BNG, é na actualidade deputado no Parlamento Galego.

Volver a Eleccións | Volver a Vieiros