Xosé Rivas Fontán

Naceu no ano 1941 en Berducido de Xeve, unha pequena localidade pontevedresa. É profesor en excedencia de Educación Xeral Básica. Desempeñou un papel activo no nacemento da Comunidade Autónoma galega: formou parte da Comisión dos 16 que redactou o Estatuto de Galicia, e desenvolveu tamén o cargo de Secretario Xeral da Xunta no Goberno Preautonómico. Máis tarde, foi alcalde de Pontevedra, e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias. Exerceu como deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes de 1977.

Volver a Eleccións | Volver a Vieiros