Mª do Pilar Novoa Carcacía

Naceu en Vilamarín, en Ourense, hai 38 anos. Está casada e ten dous fillos. Licenciada en Psicoloxía e diplomada en Traballo Social, Pilar Novoa forma parte do equipo psicolóxico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
É membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE, e foi deputada a Cortes en varias lexislaturas. Nos últimos anos, foi coordinadora e voceira de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista.

Volver a Eleccións | Volver a Vieiros