Abel Ramón Caballero

Naceu en Ponteareas en 1946. Doutorouse en Economía polas Universidades de Cambridge e Santiago. Nesta última conseguiu a cátedra de Teoría Económica, que ocupa actualmente na Universidade de Vigo.
Deputado nas Cortes, foi tamén voceiro de economía no Congreso, entre 1983 e 1985, ano en que foi nomeado Ministro de Transportes, Turismo e Comunicacións. Actualmente, é secretario de Política Institucional da Comisión Executiva do PSOE, e presidente do PSdeG-PSOE.

Volver a Eleccións | Volver a Vieiros