Chat

Chat con Miguel de Lira e Xesús Ron
Martes, 6 de novembro do 2002



<MariPili> ola
<Vieiros> Ola, Chéveres
<Vieiros> Xa están os nosos convidados con nós
<Vieiros> así que, como xa están feitas as presentacións
<enermundo> que se identifiquen
<Vieiros> vou comezar facéndolles unha preguntiña...
<Vieiros> para ir falando
<chevere-n> Miguel e Xesus somos Chevere
<chevere-n> Xun-Flaca-flaca
<Vieiros> A ver, vós repoñedes Río Bravo, que é un western....
<Vieiros> nos cinemas botan 800 balas...
<chevere-n> Si, en concreto, un grelo-wester
<Vieiros> estamos todos virando ao oeste?
<Vieiros> é un efecto do 11-S?
<chevere-n> :)) hehehe
<chevere-n> estamos no extremo oeste
<chevere-n> que efecto é ese?
<enermundo> ?
<chevere-n> e$e, queremos dicir
<enermundo> ola cherif, ola flan
<chevere-n> ola forasteiro
<chevere-n> ou coñecémonos?
<enermundo> estoutro dia pareceume ver un lp (dos de vinilo) coa musica de rio bravo...
<enermundo> podese conseguir?
<chevere-n> aínda quedan algúns
<chevere-n> na barra da nasa á venda
<enermundo> podiades facer unha reedición en cd, e así poñervos no top manta
<chevere-n> son reliquias do pasado que volven a nós
<chevere-n> hehehe
<chevere-n> si, creo que é a única posibilidade que nos queda
<Warren_Sa> ?
<chevere-n> ao mellor tamén nos poñemos nós en riba
<chevere-n> é o que nos queda.
<enermundo> pois a ver, porque a min hai anos que se me fodeu o tocadiscos
<enermundo> :D
<chevere-n> o vinilo volverá, tranquilos, take it easy
<Warren_Sa> estaría ben reeditar o de outros espectáculos tamén: big-ban, anus horribiles, etc
<Vieiros> Vas, Warren
<chevere-n> Si, pero hai un fantasma que se chama SGAE que nos ten ameazados...
<chevere-n> e mentres sigan amparados pola lei iso é imposible.
<Warren_Sa> :)
<chevere-n> unha causa perdida máis.
<enermundo> ?
<chevere-n> teñen ameazados a toda a sociedade
<Warren_Sa> ides rular co espectáculo por Galicia
<mirito> cando vides polas pontes
<chevere-n> faremos unha xira de xaneiro a abril...
<chevere-n> nos sitios que poidamos e a cousa está difícil...
<chevere-n> a coruña, sen ir máis lonxe, non quere río bravo
<chevere-n> concretamente, o Concello da Coruña
<enermundo> Coas ostias (disimulando) que hai polas entradas de Río Bravo, calquera pensa que vos estades forrando... é así?
<chevere-n> así que os coruñeses que queirades ver Río Bravo tedes que vir á capital
<chevere-n> que é onde temos un pouco de cultura ;)
<enermundo> jeje
<chevere-n> Bueno... isto é so o principio... :))
<Vieiros> Vas, Edú
<edu_pais> e digo eu, por que o teatro ten a consideración de elitista?
<enermundo> pois a ver, porque así a bote pronto non recordo ningún grupo que enchera coma vós
<enermundo> (perdón)
<chevere-n> Iso diralo ti.
<chevere-n> Non toleramos esas palabras no noso chat, forasteiro.
<chevere-n> :))
<enermundo> non dixen que SE enchera , dixen que enchera
<enermundo> :P
<chevere-n> Chévere na Nasa normalmente está cheo.
<enermundo> si
<chevere-n> Pero esta vez é un éxito con precedentes.
<Warren_Sa> ?
<enermundo> parabéns
<chevere-n> O que nos gustaría é exportar este éxito por todo o nor-Oeste
<eu_mesmo> ?
<Warren_Sa> podesese vivir do teatro?
<Vieiros> A ver: parece que neste lado do Oeste hai moitos inimigos, non? O Concello da Coruña...
<chevere-n> Uhmmmm...
<chevere-n> Vivir, vivir...
<chevere-n> Forasteiro... estamos celebrando 15 anos, ti que cres?
<Warren_Sa> imos ver sin ter subcencions e cousas desas
<chevere-n> Outra cousa é vivir ben, etc. :))
<heleninha> E volos dous, sodes amigos e compañeiros de traballo despois de quince anos?
<chevere-n> Seguimos sen chalé nin esas cousas.
<chevere-n> Somos máis ben de despois que de antes. :))
<chevere-n> Sen subvencións...
<chevere-n> non se poden plantar patacas nin pescar peixe...
<chevere-n> pero teatro sempre se poderá facer.
<eu_mesmo> Onde vos gustaria actuar con certa frecuencia?
<eu_mesmo> sendo realistas
<chevere-n> Na Coruña, sen ir máis lonxe.
<eu_mesmo> e o voso publico prefirido?
<chevere-n> Ata hai pouco iamos con frecuencia.
<chevere-n> Primeiro o da Nasa. Despois todos os demais. :)
<enermundo> ?
<chevere-n> Sempre fixemos espectáculos para todos os públicos.
<chevere-n> Agora facémolos para CASE todolos públicos.
<mirito> tedes que meter algun papel pa mulleres (juapas)
<chevere-n> Agora algúns non conseguen ter entrada, hehe.
<chevere-n> E logo non che ghusta Meibol?
<chevere-n> Ou é que aínda non viches Rio Bravo?
<enermundo> contádenos como é o voso proceso creativo á hora de parir textos como o de Rio Bravo? vai parello ao da posta en escena ou cocédelo todo antes?
<chevere-n> Sentimos non poder sortear un par de entradas entre os chateadores. ::)
<chevere-n> POdemos facer nós preguntas??? (juajua)
<Op> claro
<Op> pero primeiro esta enermundo
<Op> ;)
<chevere-n> ok
<mirito> non (pensei que erades dous castros solo
<Op> mirito: respeta os turnos
<Op> chevere-n: podes contestar a enermundo?
<chevere-n> Mira, Mirito, non é unha de celtas e romanos, é unha de vaqueiros.
<chevere-n> Perdón.
<mirito> ok
<chevere-n> É un proceso no que se vai creando todo ao mesmo tempo: textos...
<chevere-n> música, improvisación das escenas....
<chevere-n> roupas, dirección artística...
<chevere-n> e o texto non para de cambiar ata que tiramos o espectáculo.
<chevere-n> En concreto...
<chevere-n> no caso de Rio Bravo o texto é un pretexto.
<chevere-n> outra
<Vieiros> Eu quería seguir co dos vaqueiros inimigos (antes coleime, síntoo). falabades de María Pita...
<Vieiros> pero tamén Guede, o do CDG,
<chevere-n> POis si, parece ser que...
<Vieiros> dixo que lle quitabades xente ao seu espectáculo
<chevere-n> a xente que leva o teatro Rosalía de Castro xa ten cuberto o cupo de tteatro galego para uns cantos meses...
<chevere-n> coma se o teatro galego fose unha raza aparte e se medira por cota, coma o leite.
<chevere-n> outra
<Vieiros> que función pode ter o CDG se as compañías privadas lle restan público á pública?
<chevere-n> Tamén cómpre dicir...
<chevere-n> que hai 12 anos enchemos o Rosalía ata a bandeira.
<chevere-n> ata o galiñeiro, pero a xente é de memoria fraca...
<chevere-n> especialmente os xestores culturais.
<chevere-n> CDG...
<chevere-n> Nós sumamos público. Os que restan son outros.
<chevere-n> Esa teoría de que menos é máis non sempre é válida.
<eu_mesmo> se tivesemos que empezar por unha obra vosa cal nos recomendades...
<chevere-n> Se nunha cidade de 90.000 habs coma Santiago se mantén un espectáculo catro semanas con cheo absoluto...
<chevere-n> que podería pasar nunha cidade coma Vigo ou A Coriuña?
<chevere-n> outra
<Vieiros> tedes unha pendente
<Op> chevere-n: a pregunta de eu_mesmo
<Op> se tivesemos que empezar por unha obra vosa cal nos recomendades...??
<chevere-n> pois Río Bravo, que foi das primeiras...
<chevere-n> e ademais é a que podes ver agora :)
<enermundo> ?
<chevere-n> (agardando)
<enermundo> cherif, por que é vd. o único que non se despelota na función? sei que hai fanes ás que lles pareceu moi mal... :))
<chevere-n> Miguel: déixome as pelotas, iso si, pero...
<chevere-n> viches a alguén despelotarse en Río Bravo?
<enermundo> de medio corpo, si
<chevere-n> Nós somos os actores máis pudorosos deste país.
<chevere-n> Iso non é despelotarse, é botarlle peito.
<chevere-n> Miguel: Bueno, está ben...
<enermundo> :)
<chevere-n> confeso que estou operado...
<chevere-n> fáltame un peito.
<chevere-n> :))
<enermundo> :))
<Vieiros> Como vedes o do teatro quince anos despois? predominan as alegrías ou os choros?
<Vieiros> Mellorou algo o patio?
<Vieiros> Ou foi a peor?
<chevere-n> Alegrías hai poucas.
<chevere-n> E isto dicímolo matándonos á risa. :))
<chevere-n> ...realmente ninguén nos toma en serio 15 anos despois.
<chevere-n> Dentro de Galicia, fóra é distinto.
<meu> non teño nin idea de teatro, pero gústame moito. Vinvos unha vez en Valga, creo que a obra chamábase Big-Ban, ou algo así
<meu> tamén no alén
<meu> como se chamaba a obra, e de donde quitades tanta idea collouda
<chevere-n> No Alén era Orbita Mutante
<chevere-n> a única función na nosa vida que nunca cobramos.
<meu> non fochedes os únicos+
<chevere-n> A confusión é lóxica porque tanto en Orbita Mutante coma en BigBang había unha banda en directo que era a mesma
<chevere-n> Nunca somos os únicos. :))
<meu> encantoume o tema de mi sensualidad
<chevere-n> Isto demostra que Galicia é diversa. :)
<meu> ou algo así
<chevere-n> Como dixo Carmiña Burana. :))
<chevere-n> Iso non era noso. Era de Ana y Johny, uns auténticos mestres, uns visionarios...
<meu> o de pulposixon foi de morrer de risa
<meu> seguide así
<chevere-n> Miguel: aí eu tamén ensinaba a parte de arriba...
<chevere-n> foi antes da operación.
<chevere-n> xa non vos lembrades, fans???
<enermundo> :))
<meu> unha dúbida
<meu> acabachedes enfadados golpeándobos co polbo ou era parte do guión
<chevere-n> Duda, Dud, duda.
<chevere-n> Do que se trataba era de mazar ao cantante...
<meu> a min doume a impresión de que estabades picados
<chevere-n> e o pulpo era o que tiñamos máis a man. :)
<chevere-n> É que o pulpo non era fresco. :))
<chevere-n> Non, estabamos mazados. :))
<eu_mesmo> cales foron as obras que mais gustaron ao publico según vos...
<chevere-n> Ten en conta que o comiamos ao final da fución.
<meu> seguro que foi o mellor pulpo que comechedes
<chevere-n> O importante é que despois de todas as barbaridades que fixemos...
<chevere-n> seguimos a ter público, o cal...
<meu> que é o da illa de arousa
<chevere-n> nos permite seguir coa mesma estupidez.
<chevere-n> Sure, baby.
<eu_mesmo> cales foron as obras que mais gustaron ao publico según vos...
<chevere-n> Levabámolo posto.
<meu> de estupidez nada, moi intelixente. seriavos mais cómodo facer o idiota e gañariades mais diñeiro
<chevere-n> Rio Bravo, Annus Horribilis...
<chevere-n> Hero.es, BigBang e un longo etcétera. :>
<chevere-n> Hai público para todo.
<eu_mesmo> iso e segun a xente
<chevere-n> Aínda que algúns sexan capaces de baleirar o teatro.
<eu_mesmo> ou segun que xente
<eu_mesmo> quero decir segun a cantidade
<chevere-n> A cantidade non é o principal.
<chevere-n> Nós reivindicamos a liberdade de facer teatro para pouca xente...
<chevere-n> sen ir máis lonxe.
<chevere-n> O anterior espectáculo de Chévere tiña unha capacidade máxima de 45 espectadores...
<chevere-n> e tamén enchemos, aínda que non tivese tanto mérito. :))
<chevere-n> En termos cuantitativos, claro.
<chevere-n> :))
<eu_mesmo> cal e o publico que mais apreciades?
<chevere-n> As mulleres :))
<eu_mesmo> xD
<chevere-n> As mulleres e os nenos primeiro. :))
<enermundo> hai pouco desenpolvei unha cinta cun programa vello da TVG, "Velaí" (oh tempos)...<chevere-n> Aí falaches, amigo.
<enermundo> e saiades facendo unhes sketches moi paveros...
<chevere-n> Estamos recompilando todo o material...
<chevere-n> relacionado con Chévere e non nos viría mal...
<enermundo> voltariades á telegaita se vos chama Gaioso?
<chevere-n> conseguir unha copia desa cinta... (hehe)
<chevere-n> Nós estamos na era post-Gayoso. Sempre encarando o futuro...
<chevere-n> Todo chegará.
<enermundo> pois mándase: teño un no que facedes de indios das américas cando chega colón...
<enermundo> e lle cantades "que din os rumorosos" :))
<chevere-n> Ah, ese era moi bo. Ponte en contacto coa nosa nave nodriza: info@salanasa.com
<enermundo> (aí si que estabades espidos) :))
<chevere-n> :D
<Vieiros> Vale... moito falades dos éxitos agora que a fama vos acompaña... pero e os fracasos? de que é o que máis vos arrepentides?
<chevere-n> pero só de medio corpo, eh? que non se podía ver a gaita na tele...
<chevere-n> ehehem
<chevere-n> O noso éxito é saber encaixar os fracasos. :))
<chevere-n> E en Rio Bravo temos moitos (no espectáculo, queremos dicir)
<chevere-n> outra
<eu_mesmo> gustariavos interpretar algunha obra que non fose vosa?
<chevere-n> Non somos cristiáns practicantes para arrepentirmonos de nada.
<eu_mesmo> e en relacion a anterior
<chevere-n> Fixemos unha que era Salomé...
<chevere-n> de Oscar Wilde, pero o problema foi que...
<chevere-n> acabamos facéndoa nosa...
<chevere-n> e non o volvemos intentar, por respecto aos seus lectores. :))
<chevere-n> Tildáronnos de profanadores...
<eu_mesmo> :(
<chevere-n> porque disque aquilo era unha traxedia, que non era para rir.
<chevere-n> :)
<eu_mesmo> cada un
<chevere-n> Por certo...
<eu_mesmo> e que obra vos gustaria interpretar
<chevere-n> codirixía un amigo noso que se chama Roberto Vidal Bolaño.
<eu_mesmo> dentro ou fora do voso ambito de accion
<chevere-n> Xesús: a min gustaríame interpretar as escrituras, pero aínda non o conseguín.
<chevere-n> Miguel: A min a obra de Escrivá de Balaguer enteira.
<chevere-n> :))
<chevere-n> outra
<eu_mesmo> iso que esta fora ou dentro do voso ambito
<eu_mesmo> ;)
<eu_mesmo> ?
<chevere-n> Isto está fóra deste mundo. ;)
<chevere-n> Polo que din...
<Vieiros> Miguel, ti estás moito na casa de todos os galegos
<enermundo> ?
<Vieiros> á hora de cear
<chevere-n> Ámbito, ámbito... non tolero esas palabras no meu chat.
<Vieiros> e ti, Xesús? Non che tentou compartir a cea con dous millóns e medio?
<chevere-n> X: Eu non sei se será polo meu nome, pero resisto todas as tentacións.
<Vieiros> (Ops, lembremos que Miguel de Lira é Currás na ficción
<chevere-n> X: Prefiro ir pouco a pouco.
<chevere-n> Miguel: eu últimamente só visito as casas dos que están enfermos (despois da operación, claro). :))
<chevere-n> Miguel: Era, amigo, era. Descanse en pas Currás.
<chevere-n> Agora son un focking cherif
<chevere-n> (Miguel)
<enermundo> Un colega díxome o outro día que Chévere eran os Monty Pyton galegos, e pareceume acertada a comparación... Non pensastes nunca (ou vos propuxeron) facer unha peliculiña? Hoxe en día non sería de todo inviable. Ou si, non sei
<chevere-n> En Galicia para face cine hai que ser parente de Pérez Varela.
<chevere-n> Pero está ben a comparación con Monty Pyton. Temos toda a colección.
<enermundo> gustaríavos, en todo caso, facer cine coas vosas historias?
<chevere-n> Si. De momento...
<enermundo> xa tedes algún corto, equivócome?
<chevere-n> tentarémolo con algo de televisión.
<chevere-n> Aínda que nunca se vexa máis ca no Zinasa na Nasa.
<chevere-n> Chévere, como Chévere, nunca fixo un corto, pero os seus actores participaron en numerosos cortos e largos.
<chevere-n> Hai que dicir tamén...
<chevere-n> que sempre nos pecharon as portas da TVG...
<chevere-n> porque, segundo eles, Chévere é humor universitario.
<chevere-n> E os universitarios non ven a TVG...
<enermundo> :)) moi bo
<chevere-n> nin os menores de 70 anos. :))
<chevere-n> Que equivocados están...
<Vieiros> ¿Credes que a tele e o cinema están facendo aboiar economicamente o mundo do teatro? Como vedes ese mundiño da pequena e da gran pantalla...?
<chevere-n> O normal sería que a tv e o cine fixeran crecer ao teatro, que é a canteira da que están a beber...
<chevere-n> pero en Galicia de momento iso non está a ser así...
<chevere-n> é unha moi boa oportunidade para os actores a título individual, pero non...
<chevere-n> para as poéticas dos grupos.
<chevere-n> Quizais sexa...
<chevere-n> porque o teatro se basea en que o escenario é un espacio totalmente libre...
<enermundo> por certo, miguel, bárbaro o teu traballo en Entre Bateas
<chevere-n> e a pantalla, sexa grande ou pequena, sempre está condicionada a intereses varios.
<chevere-n> Miguel: Dareillas a Mario da túa parte. ;)
<enermundo> :)
<eu_mesmo> ainda que acabades de estrear obra ... estades xa pensando na seguinte?
<eu_mesmo> ou ainda non da tempo a iso
<eu_mesmo> ?¿
<chevere-n> Poooois... SI
<chevere-n> queres saber máis?
<Vieiros> Queremos todos
<chevere-n> :))
<eu_mesmo> pois claro
<chevere-n> Antes convén que saibades que temos 3 obras en cartel...
<chevere-n> (imos facer un pouco de publicidade)
<chevere-n> hehe...
<chevere-n> O Navegante, Unha Fantasía Electrodoméstica, que visitará a Univ. de Vigo a finais deste mes...
<chevere-n> Humana, un café cantante protagonizado por Ana Pudor...
<chevere-n> e a de sobra coñecida, Rio Bravo, gañancia de espectadores.
<chevere-n> E temos por aí...
<chevere-n> en mente unha cousa que se chama Radio Universo...
<chevere-n> coa cal xa fixemos unha pequena explroación no Festival de teatro Alternativa da Nasa
<Vieiros> liña manu chao?
<chevere-n> e que nos gustaría volver a meterlle o dente.
<salemal> porque deixaches mnareas vivas?
<chevere-n> Sentímolo, pero non. :)
<chevere-n> Somos da era post-Manu Chao, sempre mirando ao futuro...
<chevere-n> Non, Radio Universo é un serial radiofónico...
<enermundo> :))
<chevere-n> que transcorre en Galicia dentro de mil anos.
<chevere-n> Xusto cando a Xunta de Galicia descubre que o universo é redondo.
<Op> esta a pregunta de salemal.
<chevere-n> Miguel: Porque baixou a marea.
<chevere-n> Gran metáfora.
<chevere-n> outra
<enermundo> a ver, cal é o futuro da Nasa? algo oín da posibilidade de pechar ou marchardes de compostela...
<enermundo> polo visto había certa confrontación co concello
<chevere-n> Sempre hai que estar abertos a outros mundos...
<chevere-n> pero de momento, están neste.
<chevere-n> Confrontación non, o que pasa é que eles non prestan nin a máis minima colaboración...
<chevere-n> nin axuda, nin diálogo...
<enermundo> daquela hai Nasa para longo
<chevere-n> En resumidas contas, non hai relación
<chevere-n> E pensar que a chegou a haber tan boa...
<chevere-n> Nós pensamos que debería haber Nasa para moito tempo...
<chevere-n> pero é imprescindible que colaboremos todos...
<chevere-n> e agora mesmo o único que non colabora é o concello.
<eu_mesmo> por que pode dexenerar unha relacion asi?
<zaiz> tedes algunha obra masi en carteli
<zaiz> carteleira?
<chevere-n> Estamos a ver se podemos contratar un psicólogo, pero aos políticos non hai quen os entenda...
<chevere-n> nin sendo do mesmo partido...
<chevere-n> Quizais sexa a envexa, a falta de sensibilidade,
<chevere-n> cegueira, torpeza...
<chevere-n> cóncavo, convexo, esperpento...
<chevere-n> ;)
<chevere-n> Repasa o chat, zaiz.
<chevere-n> Eres Iota de Iuta?
<iota> ¿ podedes falar máis claro? ? quen é que xa non colabora?
<chevere-n> Desde o ano 97 o Dpto. de Cultura do Concello de Santiago non colabora con ningunha das actiidades levadas a cabo pola Nasa...
<chevere-n> aínda que todos os anos se lle presentan proxectos.
<chevere-n> Mantemos unha pequena pero interesante colaboración co Dpto. de Educación...
<chevere-n> que está a permitir que Santiago teña unha temporada estable de teatro dirixido a público infantil e familiar: o Asteroide.
<chevere-n> Pero a axuda redúcese a asesoramento técnico e a...
<chevere-n> unha aportación económica do 30% do custe total do programa.
<enermundo> seica agora mesmo sodes a única sala de Santiago que ten licencia para facer concertos. Por que non hai mais? Non quere o concello ou realmente non hai salas que reunan as condicións?
<chevere-n> Non hai moitas salas que reúna as condicións da Nasa, pero hai moitas formas de que se faga música en directo.
<chevere-n> É fundamental que haxa música de pequeno, mediano e gran formato...
<chevere-n> máis alá das festas patronais.
<chevere-n> A música en directo é fundamental para unha cidade: tanto nos bares coma na rúa...
<enermundo> claro, pero parece que o concello se vén de poñer tufo con este asunto, e retirou moitos permisos
<chevere-n> nós reivindicamos que igual que se presta moita atención desde as institucións públicas e os bancos ás programacións de música clásica...
<chevere-n> unha cidade coma Stgo. ten que ter unha programación de música popular do mesmo nivel.
<meu> cando é que estades en Cambados?
<chevere-n> Rock, folc, pop e derivados...
<chevere-n> Ana Pudor estará en Cambados a finais deste mes.
<maseiras> actuades en centros educativos pararapaces de 12 a 18 anos?
<chevere-n> É unha boa forma de entrarlle a Chévere.
<enermundo> Bueno, teño que marchar, un bico a todos. Xa me poñerei en contacto con vós polo da cinta.
<meu> podes concretar a data
<chevere-n> Zenkiu, energumeno.
<chevere-n> :)
<chevere-n> Agora mesmo acabamos de facer unha actuación na Nasa para institutos.
<maseiras> ?cal 'e a minuta?
<Op> chevere-n: podedes concretar a data de Cambados de Ana Pudor?
<chevere-n> 4 euros por rapás. Prometemos devolvelos.
<Vieiros> Os rapaces ou os euros?
<chevere-n> Depende dos rapaces. :)
<maseiras> ¿subenciona a xunta?
<chevere-n> o que?
<Op> parece que non seguiches a conversa
<Op> xD
<chevere-n> Sobre cambados...
<maseiras> Os catro euros
<chevere-n> de memoria non sabemos, pregunta na nave nodriza: info@salanasa.com
<chevere-n> Son por rapaz...
<chevere-n> e por rapaza cobramos o mesmo.
<chevere-n> Anque aos rapaces da Xunta cobrámoslle máis, porque xa veñen subvencionados...
<maseiras> estamos verdadeiramente interesados en levar o teatro ás aulas, en galego e en vivo.
<chevere-n> Levar un espectáculo a unha aula é difícil...
<chevere-n> pero sempre se pode facer algo...
<Vieiros> Ben... creo que non hai máis preguntas pedidas...
<Vieiros> así que... gustaríame darlles ás gracias a Miguel e mais a xesús
<maseiras> na aula exactamente, non. No salón de actos, con presupostos de normalización lcª.
<chevere-n> A única limitación é técnica. Pero se non hai problemas técnicos...
<Vieiros> ups, perdoa, Maseiras
<chevere-n> non hai problema. Contacta connosco: info@salanasa.com
<maseiras> estaremos en contacto
<Vieiros> e agradecerlles tamén e a todos e todas os que fostes deixando preguntas neste chat
<Op> gracias a chevere-n por participar
<chevere-n> Gracias a todos...
<Vieiros> lembrade que para a vindeira semana traeremos a Antón Reixa
<Vieiros> a falar de cinema
<Op> e por seguir mantendo un nivel cultural relamente alto en Galicia
<chevere-n> e a todos aqueles que non puidesen ver Río Bravo estes días...
<chevere-n> Rio Bravo volverá a Compostela na primeira quincena do mes de abril.
<chevere-n> byebye
<chevere-n> nos cheveriamos. ;)


Os chats de Vieiros | Vieiros