BIOGRAFÍA

Jaureguizar


Jaureguizar naceu en Bilbao en 1965. Veu para Galiza coa súa familia sendo un neno e considérase medio vasco medio galego.

Realizou estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e en 1993 comezou a traballar de xornalista no diario lugués El Progreso, profesión que segue exercendo no mesmo medio.

Os seus inicios literarios están vencellados ao movemento Bravú, con títulos tan suxerentes como "Fridom spik" (o seu primeiro libro) "Comendo espaguetis diante da televisión", "As horas sucias" e "Breve crónica universal da clase obreira".

Probou coa música liderando durante un ano o grupo de hip hop Elvicristo Machine e experimentou coa ciberliteratura en Vieiros no ano 2000, co proxecto ‘A familia Feliz’, e co lanzamento de Ínfimos, unha web de brevísimos relatos.

Jaureguizar gañou o premio Xerais 2003 con ‘”Casa Skylab”, unha novela negra que completa unha triloxía protagonizada polo policía Alberte Sanxil.



Vieiros