![]() |
![]() |
|
||||||
![]()
Bemposto naceu dun proxecto para producir software na nosa lingua entre galego.org e a Dirección Xeral de Política Lingüística. Mais, á metade dos traballos, a Dirección Xeral retirou o financiamento e declarou non ter interese nesta ferramenta. Do mesmo xeito fixeron con galego.org, o único portal sobre o galego, deixándoo ao bordo da desaparición. Por iso, ao igual que Vieiros quixo recuperar galego.org, rescatamos agora este Bemposto para dárvolo en agasallo. Bemposto é un autocorrector de textos en galego para Microsoft Word na versión 97 e 2000. Funciona con versións deste procesador de texto sobre plataformas Windows 9X, NT e 2000. Trátase dunha versión beta, que esperamos facer definitiva en pouco tempo, polo que se agradecerán os comentarios e suxerencias que nos poidades facer. Non se debe instalar esta ferramenta se no computador está instalado calquera versión do software Panda Antivirus. Este software é totalmente incompatible co Bemposto, e podería ocasionar danos irreparables na configuración e funcionamento do computador. Para executar o Bemposto necesítase o descompresor winzip. Se non o tes podes atopalo en: www.winzip.com Bemposto é un producto de Vieiros realizado por Acordar deseño informático e gráfico, e Xosé Manuel Pérez Sardiña na dirección e asesoramento lingüístico. |