R Currículo

Anxo Quintela González naceu en Vigo, en 1960. É saxitario. Ten estudios de Filosofía e Pedagoxía na Universidade de Santiago.

Foi redactor xefe da revista Agrocultura, membro do consello de redacción da revista Grial entre 1988 e 1990. Ten colaborado con artigos e textos en Tempos Novos, Dorna, O Correo Galego, Grial, entre outras. traballou en Vídeo Voz a finais dos oitenta como guionista do programa cultural Extramuros, nos Especiais das Letras galegas e en 'O noso agro'. Desde 1990 traballou na TVG como redactor e presentador dos programas Agro, Labranza, O Semanal, Telexornal Serán, Telexornal Fin de Semana e Galicia Noticias.

Ademais, como poeta, gañou os premios Castelao (1978) e Esquío (1982), e publicou 'Á Sombra dos Pavillóns' (1983) e 'O Asasino Estrábico' (1997).

Gústalle a entomoloxía e saír ao campo para apañar bechos.

O correo de Anxo Quintela González é director@vieiros.com



Vieiros