Ano XIX | 25 de Xullo de 1935 | Núm. 375 |
Hoxe, Día da Patria, os galeguistas afirmamos a nosa vontade rexa e firme de percorrer sin repouso o vieiro da reconstrución integral da Patria galega. Si para nós todol-os días do ano son días consagrados a Galicia, o de hoxe que avencella a todol-os galegos en igual pensamento e devoción, siñifica para nós un día de festa. Festa patriótica que Galicia ten como todol-os pobos do mundo que viven a súa propia vida. O noso ideal é Galicia. Por ser así, o día de hoxe non representa máis que un compendio do noso pensamento, do noso esprito volcado de cheo nas esencias inmorredoiras da Nai Terra.
Acouguen hoxe as armas. Repousen hoxe en armisticio patriótico de homenaxe a TERRA as cotidiáns loitas políticas en defensa dos ideaes particulares. |