A Nosa Terra


Ano XIII 25 de Xulio do 1929 Núm. 263



Ao decorrel-os días


Unha vegada mais, o tempo, no seu andar, hoxe tan monótono, ponnos diante d'un novo Día de Galicia. Unha Día de Galicia que pol-as circunstancias haberá de ser dino irmán dos proisimos derradeiros. A outa siñificación da data transcurrirá sin manifestación púbrica, sin a facultade de expoñerse leda e espida ante os ollos dos galegos que ainda non quixeron ou non souperon decatarse do valor espritual e xurdio do día de hoxe, nin de todol-os días cando de galeguismo se trata.

Mais en fin: deixemos hoxe voar como libre paxaro o noso pensamento, hasta poder impedil-o non chega o poder dos homes, e pensando na Terra e no futuro reafirmemos a fé e a vontade no credo que inspira a nosa autuación. Que todol-os irmáns no día de hoxe sintan no seu corazón afervoar a sublimidade da Santa Causa.



Este número foi revisado pol-a censura

Volver