Ano XII | 25 de Xulio do 1928 | Núm. 251 |
"Día de Galicia". Resume de emocións e arelas cotidiáns. Renovación de patrióticos votos. A espranza e a fé a rebulir nos beizos. Os brazos e o cerebro intensificando o seu laborar, a sua patriótica produción ofrendada â Patria. Unha ollada atrais para ollar o punto de partida. Os ollos vixiantes, esculcando o porvir que xá encetou o seu abrente lumioso. A visión da vella Galicia, indifrente a si mesma. A da Galicia autual recuperando o seu patrimonio. O comenzo da Galicia nova en xurdia amostración de cultura e patriotismo. A satisfaición do deber cumprido nos "bós e xenerosos". A ledicia pol-o éxito, maior cada día, que estripou o camiño dos income entes e dificultades. Nos antes indifrentes o decatamento do fenómeno nunca soñado. A necesidade de colaborar na tarefa. No final; un paso mais que Galicia xa deu no seu camiñar cara o seu verdadeiro día. O gran "Día de Galicia", do trunfo xa conquerido, de libertade. |