A Nosa Terra


Ano XI 25 de Xulio de 1927 Núm. 239



Día de Galicia


Un novo Día de Galicia que chega âs portas do noso corazón a nos lembrar o outo siñificado que tal data representa para quens vivimos a cotío na patriótica emoción do laborar pol-a grandeza en todol-os ordes da nosa Patria. Un novo día de Galicia que nos fai reafirmar nas arelas renovadoras de adianto, libertade, desenrolo progresivo da nosa cultura e vigorización do sentimento galeguista.

Unha estapa anual, na que podemos pensar no que xa andivemos e que d'un xeito induvidrabre dícenos que de ano en ano o adianto foi maior, que camiñamos cada vegada mais seguros e firmes cara o día grande en que terán de cristalizar no trunfo xa conqueirdo as nobres ideas da santa Causa.

Día de emociós en que as verbas deixan paso âs expresiós de entusiasmo, de espritualidade inmensa e patriotismo fervoroso que son os elementos que nos sosteñen e alentan, avivando constantemente a fogueira do Ideal na tarefa de reconstitución da Terra Nai.

En cada un de nós e en todos xuntos reviven con maior ardor e firmeza hoxe que un novo Día de Galicia ponnos mais de manifesto as arelas que inspiran a nosa autuación. Seipamos conserval-os eternamente xa que eles e a fé e a constancia son o mais xurdio patrimonio espritual de que dispoñemos e as millores armas que podemos esgrimir na loita pol-a redención da Patria galega.

A todos cantos comulgan con nosco no Ideal xeneroso.

¡SAÚDE E TERRA!


Volver