A Nosa Terra


Ano X 25 de Xulio de 1926 Núm. 227



Ao decorrel-os días


O autual monótono andar dos días, sempre iguás, tráenos hoxe unha data que é para nós d'unha fonda siñificación simbólica. Día de Galicia data que ao lembrar o seu siñificado fai rebulir no noso maxín ideas xenerosas, de futura cristalización e no corazón ledicias rebuldeiras de día de festa. De día de festa sí, por que é no íntimo, entre nós e dentro de nós, onde temos de festexar o día noso, lonxe da profana ollada dos incrédulos, "dos imbéciles e oscuros" que condena o bardo e tamén d'aqués que agora andan a se manifestar con arrogancias autoriatrias. Sôs co noso pensamento en comunión c'oa Idea. E aínda que para os que do galeguismo integral temos feito un culto, todol-os días do ano son días de Galicia non por por eso deixamos de nos aledar cando chega o de hoxe que resume todos n'unha data xurdia, simbólica. A nosa relixión ten tamén o seu santoral como ten os seus mártires e as suas oraciós.

E hoxe que é o noso día, o día de festa maior, temos de entonar con fonda devoción e fé, cinguidos pol-a forza do sentimento, unha pregaria ao pé do sagro altar da Patria, pensando no que foi e no que aínda será cando a semente do noso apostolado prenda de veras nos corazós galegos.

A todol-os irmáns ¡Saúde e Terra!



Este número foi revisado pola censura

Volver