Ano IX | 25 de Xulio de 1925 | Núm. 215 |
Están de mais as verbas no día de hoxe. ¿Qué imos dicir do noso sentimento que non sintan e comprendan cantos nos leen adoito? Hoxe é día de facer exame de concencia. Que cada un vexa se rendiu todo que é capaz de ll'onfrendare a sua Terra; obriga moral que non debe esquecer ningún galego. N-esta data renovemos o voto feito coa Nai Terra e endexamis nos pareza que xa fixemos d'abondo pol-o seu ben. Agora mais que nunca axuntémonos todos n-unha apreixada aperta ollando sempre ao lonxe por onde alumea a estreliña que "é unha fogueira que xa está preto".
Teñamos fê no porvir de Galicia, e digamos co poeta: Saúde e Terra |